Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira

A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

15/12/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: artesociedadeliteratura
73 lecturas | Compartido 0 veces

A Casa da Cultura do Porto do Son acollía este 13 de decembro o acto de entrega dos Premios da Cultura Barbantia. Os recoñecementos anuais da Asociación Barbantia recoñeceron o pintor Antonio Pérez na categoría á traxectoria cultural da comarca. Canda a el, recibiu un galardón o artista, escritor e crítico de arte Manuel Olveira na categoría que recoñece iniciativas culturais galegas, mentres o Museo Valle-Inclán obtivo o recoñecemento á iniciativa cultural no Barbanza.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sinalou no acto de entrega que as traxectorias e proxectos recoñecidos representan "a forza colectiva da cultura" e contribúen a proxectar o Barbanza como un territorio cultural cun futuro prometedor.

No evento, a Asociación Barbantia presentou tamén o Anuario de Estudos do Barbanza 2025, o VIII Recopilatorio A Voz do Barbanza e mais o suplemento cultural A voz do Barbanza número 210.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados