Galicia e a Bretaña teñen moitas ligazóns en común, pero unha das máis chamativas é a paisaxe: a presenza do mar, das zonas de pastoreo e agrarias, de rías e cantís. O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Rennes 2 organizan o congreso "Les paysages Bretagne Galice", que a partir de hoxe debate na capital bretona as características e peculiaridades do territorio e a súa proximidade, coa participación de destacados expertos dos dous territorios.
***Da nota do Consello da Cultura galega***
A primeira das sesións centrarase na identidade e paisaxe. O expresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, falará destes asuntos a partir da obra da Xeración Nós. Entre o mar e o bosque: unha paisaxe artúrica na Idade Media é o título da intervención de Christine Ferlampin Acher. Esa sesión pecha coa intervención de María López Sande que se centrará nos sistemas de información xeográfica.
A segunda sesión fala da representacións das paisaxes. Denis Delouche achegará as impresións dos pintores paisaxistas na Bretaña dos séculos XIX e XX. De seguido, Clarisse Beilleul e Santiago Díaz centraranse nos efectos na creación artística e literaria da paisaxe. Pecha Étienne de Kergariou cun relatorio sobre a importancia da paisaxe na promoción turística entre 1925 e 1950.
O primeiro día inclúe unha homenaxe que a universidade bretoa lle rende a Xesús Alonso Montero con laudatio da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
No segundo día desenvolverase a mesa Construír as paisaxes, na que Rebeca Blanco Rotea ofrecerá un relatorio sobre as fortificacións do sur de Galicia na Época Moderna e a súa interpretación na arqueoloxía como elemento patrimonial. Nesta mesa interveñen tamén Edwige Motte, Charlotte Porcq e Olivier David pola parte francesa e Augusto Pérez Alberti e Inés Santé pola galega.
Como peche haberá espazo para dous talleres científicos para abordar dous temas relevantes: por unha banda, as cartografías e os catálogos e, pola outra, as identidades pasaxeiras.