As relacións entre Galicia e Portugal nos eidos da lingua, intercambio cultural e a cooperación abren hoxe unha nova xeira co "Foro Inés de Castro" do que terá lugar a primeira sesión esta tarde cunha palestra do presidente do Camões - Instituto da Cooperação e da Língua, Luís Faro Ramos. A presidenta da Consello da Cultura Galega (CCG) Rosario Álvarez, como institución anfitrioa e parceira, xunto a Luís Faro, presentaron esta mañá as novas liñas de colaboración coñecemento mutuo e intercambio bidireccional que terán lugar entre Galicia e Portugal e das que este foro, que toma o nome da nobre galega que reinou no país veciño, é a primeira acción visible pero non será a única. Luís Faro afirmou a intención de dinamizar a comisión mixta prevista no protocolo asinado entre o CCG e o Camões en 2010 e ambos presidentes avanzaron tamén a cooperación das dúas institucións en senllas exposicións sobre navegantes portugueses e galegos desde finais dos século XVI ata principios do XVIII, que cada unha delas impulsará este ano e nas que estará moi presente a contribución histórica dos mariños das dúas beiras do Miño.
O "Foro Inés de Castro" concrétase na realización de conferencias, xornadas ou seminarios en Galicia e Portugal arredor de temas de interese común que permitan actualizar as nosas percepcións respectivas. O Foro contempla a organización de dúas actividades anuais. Baixo o título "Perceções da Língua Portuguesa na Literatura", Luís Faro abrirá a que será a primeira sesión deste foro e á que teñen confirmada a súa asistencia un nutrido grupo de personalidades do sector cultural, entre os que está Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, así como representantes dos diferentes grupos parlamentarios e do ámbito universitario, o alcalde de Santiago, Xosé Bugallo e das academias de teatro e do audiovisual. No marco desta primeira viaxe a Galicia do presidente do Camões - Instituto da Cooperação e da Língua, a presidenta do Consello da Cultura Galega xestionou reunións cos responsables da Real Academia Galega e, na xornada do venres, cos titulares das Consellerías de Cultura e Educación. O "Foro Inés de Castro" ten como obxectivos diagnosticar os trazos esenciais do momento actual das relacións galego-portuguesas e o papel de Galicia no favorecemento das relacións ibéricas, propiciar unha posta ao día permanente das relacións galego-portuguesas, fundamentar as iniciativas de achegamento entre Galicia e Portugal, idear posturas compartidas tanto no espazo europeo como global e suxerir propostas concretas, con especial atención ao eido sociocultural. Ademais, alentar unha adecuada proxección exterior dos mecanismos de cooperación e trasladar aos actores implicados as suxestións debidas para alentar un maior desenvolvemento das complementariedades mutuas.