Lucus Ensemble manterá en 2026 o espectáculo 'Percorrendo Castelao'

A formación combina unha selección de temas musicais cunha narración audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaAudiovisual
Compartir:
Lucus Ensemble manterá en 2026 o espectáculo 'Percorrendo Castelao'

Cando se fai un mes desde o final do 'Ano Castelao' aínda se manteñen accións que levan a traer a súa figura á atención contemporánea e demostran a súa vixencia máis alá dunha efeméride. É o caso do concerto que este vindeiro sábado, 31 de xaneiro, terá lugar no Auditorio Fuxan os Ventos, de Lugo, onde a formación Lucus Ensemble presentará un percorrido musical pola vida do político e artista. Baixo o título de 'Percorrendo Castelao', esta formación de grupo de vento, corda, percusión e voz combina unha selección de temas galegos, bretóns e americanos cunha narración biográfica audiovisual, no que se repasan fitos da traxectoria de Castelao, desde 1909 ata 1984. O espectáculo, presentado co gallo do 'Ano Castelao', seguirá de xira durante este 2026 ao manter a súa vixencia e aceptación máis alá das celebracións oficiais.

Que che parece esta nova?
235 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Espectáculo, Fuxan os ventos, Lugo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares