Presentamos o Roteiro Castelao no Barbanza

O itinerario percorre os lugares da mocidade do rianxeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Praia de Quenxo (Rianxo). Foto: Etnoga

Praia de Quenxo (Rianxo). Foto: Etnoga

O Barbanza foi a terra natal de polifacético artista e político Daniel A. Rodríguez Castelao. A través da nosa aplicación Roteiros da Cultura Galega, queremos propoñervos unha viaxe ata o norte da Ría de Arousa para coñecer a formación vital de Castelao.

Rianxo, berce do escritor, preserva os lugares que manteñen viva a memoria biográfica do escritor. Paseando polas súas rúas, poderemos mergullarnos no universo familiar, pero tamén cultural e simbólico que enche as obras de ficción do escritor e político. O noso itinerario permite comprender as referencias gráficas, visuais, humanas e mesmo lingüísticas que enchen libros como Cousas ou Retrincos, a través dos concellos arousáns de Rianxo, Boiro e a Pobra do Caramiñal. Temos lugares da memoria do autor, pero tamén pazos, romarías, cruceiros, escolas, castros, embarcadoiros...

O xoves que vén publicaremos o segundo roteiro que dedicaremos a Castelao: Castelao en Pontevedra.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Barbanza, Ría de Arousa, Rianxo...