"Xenio e figura da nación galega". Así define Henrique Monteagudo a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950) na entrada que acaba de elaborar para o Álbum de Galicia, colección de biografías dixitais que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG). Nela o filólogo e secretario da Real Academia Galega fai un percorrido sobre a biografía do recoñecido intelectual, artista plástico, escritor e dirixente político, ao que considera "un referente indiscutido do galeguismo e do nacionalismo, un clásico das letras galegas e unha das figuras máis representativas da Galicia contemporánea".
A entrada elaborada con motivo do Ano Castelao fai un percorrido pola traxectoria vital do galeguista no que distingue tres etapas claramente marcadas. Na primeira etapa, que vai desde o seu nacemento ata 1916, define a súa vocación: estuda Medicina pero refuga exercer como doutor para se dedicar ao cultivo das artes plásticas. Na segunda etapa, que Monteagudo chama "O noso xenial artista" vai de 1917 ata 1930. Correspóndese co período no que Castelao está afincado en Pontevedra onde se compromete co galeguismo e co nacionalismo galego na súa condición de intelectual e artista. Na terceira e última etapa, que transcorre entre 1931 e 1950, Castelao sen abandonar o seu labor creativo, entrégase ao compromiso político, que o leva ás Cortes Constituíntes da II República (1931-1933); á dirección do Partido Galeguista (1932-1936); a formar parte das listaxes da Frente Popular, nas que foi novamente elixido deputado (1936); á defensa da República e do Estatuto durante a Guerra Civil, e, xa no exilio, á Presidencia do Consello de Galiza fundado por el mesmo en Bos Aires (1944) e a ocupar unha carteira ministerial no Goberno republicano en París (1946-1947).
A achega de Monteagudo sobre Castelao compleméntase con outras biografías elaboradas por diferentes autores que formaron parte de iniciativas anteriores de proxectos do CCG que se achegaron á figura poliédrica do intelectual con outros nesgos: o Álbum Nós, o Álbum da Ciencia, Álbum da Junta de Ampliación de Estudos e o Álbum da Emigración. Ademais do texto biográfico, a entrada inclúe fotografías, ligazóns e outros materiais destacados como o único rexistro sonoro coa voz de Castelao que se conserva, cando presenta 'Os vellos non deben de namorarse' cunha fonopostal gravada na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea da obra, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.