Unha vida dun rei que non só foi poeta

Henrique Monteagudo asina a entrada no Álbum de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O rei Afonso, IX no cómputo real galego-leonés e X no de Castela, foi unha das figuras culturais máis destacadas da Idade Media na Península Ibérica e de gran pegada na cultura galega moderna polas Cantigas de Santa María, xoia da literatura medieval en lingua galega. Pero foi tamén un rei que tivo que buscar solucións a un mundo que estaba cambiando. Herdeiro de dous reinos nos que convivían diferentes culturas e cunha importante maioría musulmana no sur, "concibiu un proxecto político innovador, baseado no reforzamento do poder da monarquía a custa da nobreza e da igrexa. En consonancia con ese proxecto, puxo en marcha un ambicioso programa cultural, que tiña como principal obxectivo o desenvolvemento dunha alta cultura laica, desafiando o tradicional monopolio eclesiástico. Un dos aspectos centrais dese proxecto foi a súa política lingüística de promoción do romance en detrimento do latín". Así o explica o profesor da USC e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, na entrada sobre o monarca no Álbum de Galicia que o Consello da Cultura Galega acaba de publicar. A entrada inclúe ligazóns a numerosos recursos sobre o rei e a súa obra.

concibiu un proxecto político innovador, baseado no reforzamento do poder da monarquía a custa da nobreza e da igrexa. En consonancia con ese proxecto, puxo en marcha un ambicioso programa cultural, que tiña como principal obxectivo o desenvolvemento dunha alta cultura laica, desafiando o tradicional monopolio eclesiástico. Un dos aspectos centrais dese proxecto foi a súa política lingüística de promoción do romance en detrimento do latín.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Monteagudo, Álbum de Galicia, USC, Política Lingüística...