A RAG conmemora un triple aniversario de Castelao

Publica varios manuscritos e dedícalles unhas xornadas ao rianxeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A RAG conmemora un triple aniversario de Castelao

Oitenta anos da súa entrada na Academia, 70 da publicación de Sempre en Galiza e 50 desde que se lle dedicou o Día das Letras. A Real Academia Galega quere lembrar o triple aniversario de Castelao que se celebra neste 2014. Para o conmemorar, a institución acaba de publicar no seu web Castelao na Academia, un volume que recolle os manuscritos da conferencia Arte e galeguismo, da narración O retrato e mais da disertación Humorismo, debuxo humorístico, caricatura acompañados dun limiar de Henrique Monteagudo. En paralelo, a RAG desenvolverá os vindeiros 16, 21 e 30 de outubro unhas xornadas nas que se analizará o perfil biográfico e político, literario e artístico do ilustre galeguista.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Henrique Monteagudo, Debuxo, Sempre en Galiza...