Os votos en contra do PPdeG impediron que o Parlamento de Galicia instase á Xunta a declarar o 2011 como Ano Castelao. O deputado popuplar AgustÃn Baamonde calificou a proposta do BNG neste sentido como "propaganda nacionalista" e acusou esta formación de "patrimonializar" a figura. O BNG reclamaba que se conmemorase de xeito oficial o 125 aniversario do nacemento do rianxeiro mediante esta declaración institucional. A coincidir con este debate, o Museo de Pontevedra incorporaba onte tres novas obras pictóricas do galeguista. Esta entidade e mais a Real Academia Galega asinaban onte un convenio polo que as obras quedarán cedidas en depósito permanente á institución pontevedresa.