A Xunta inicia o expediente para declarar BIC a obra de Castelao

Neste 2011 cúmprense 125 anos do nacemento do nacionalista

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Nos vindeiros días o DOG publicará a resolución que inicia o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural (figura de protección máis alta para o noso patrimonio) a obra completa de Castelao. A día de hoxe contabilízanse que está conformada por preto duns catro mil documentos, como froito dun convenio asinado en 2008 entre a Consellaría de Cultura e a Fundación Castelao para localizar, identificar e catalogar a súa obra (material que está dispoñible na rede). A medida chega no ano que se cumpre o 125 aniversario do nacemento do nacionalista e despois de que o BNG solicitara a declaración de “Ano Castelao” .

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ben de Interese Cultural, Fundación Castelao, BNG

Claves

Protagonistas