José Manuel Rey Pichel, director xeral de Patrimonio Cultural, comprometeuse onte a ter antes de setembro "e, se pode ser, en xullo", o informe técnico para declarar Ben de Interese Cultural a obra de Castelao. Rey Pichel respondÃa asà no Parlamento a un requerimento de Ana Pontón sobre o tema. A parlamentaria nacionalista apuntou que se poderÃa acelerar o proceso de aproveitar a catalogación do traballo de Castelao que realizou a fundación que leva o seu nome, e denunciou o esquecemento no que, ao seu ver, ten a administración esta figura cando se fan 125 anos do seu nacemento.