José Manuel Rey Pichel é o novo director xeral de Patrimonio Cultural

A secretaria xeral para o Turismo é María Carmen Pardo López

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello da Xunta volveu acordar esta mañá novos nomeamentos da estrutura orgánica do goberno galego. Entre eles destaca o de José Manuel Rey Pichel (Carballo, 1942) como director xeral de Patrimonio Cultural. É arquitecto de formación, foi un dos promotores do Colexio Oficial deste sector (mesmo chegou a ser o seu decano) e ten unha ampla experiencia docente e profesional. Xa traballou na Xunta: en Urbanismo, no IGVS e en Vivenda, e actualmente era o director xeral da Empresa Municipal e Vivenda e Solo de Santiago (EMUVISSA). O Consello tamén acordou nomear a María Carmen Pardo López como secretaria xeral para o Turismo. A que foi tenente de alcalde de Verín, é licenciada en Economía e ten experiencia na Administración, xa que traballou na Consellaría de Agricultura e na Dirección Xeral de Turismo de Madrid.

Canda os nomeamentos, o Consello da Xunta acordou o cesamento de varios cargos do anterior goberno, entre eles, o de Miguel Martín, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Economía, Goberno Galego, Madrid...