É unha muller vencellada á ConsellarÃa de Educación e Cultura desde hai case dúas décadas, onde desempeñou diferentes postos, como técnico nos departamentos de persoal e promoción estudantil e posteriormente nas xefaturas de servizo de programación, contratación e equipamento. Desde o 2009 é a subdirectora xeral de construcións e equipamento deste departamento e agora, Mº Carmen MartÃnez Insua é a nova directora xeral de Patrimonio Cultural. É licenciada en Dereito de formación e funcionaria dos corpos Superior da Administración da Xunta de Galicia e de Xestión da Xunta de Galicia. O seu nomeamento tivo lugar no Consello da Xunta, que acordou o cese do seu antecesor, José Manuel Rey Pichel.