María Baleato será a nova coordinadora de Cultura do PPdeG

A concelleira santiaguesa substitúe no cargo orgánico a Daniel Chapela trala súa dimisión

Maria Baleato González  Foto: Concello de Santiago
Maria Baleato González Foto: Concello de Santiago
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, anunciou hoxe a a proposta de nomeamento María Baleato (Santiago de Compostela, 1977) como nova coordinadora de Cultura do PPdeG, en substitución de Daniel Chapela, que dimitiu do posto e abandonou o partido con críticas ao Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José LópezCampos, e ao seu equipo sobre a súa xestión da política lingüística. María Baleato, actualmente concelleira en Santiago de Compostela e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Relacións Institucionais no Partido Popular da capital galega. Baleato é Licenciada en Dereito con Diploma de Estudos Avanzados. Máster en Administración Financeira e Tributaria, Máster en Dirección Pública, Políticas Públicas e Tributación e técnica superior de Urbanismo. Funcionaria, secretaria-interventora, pertence tamén ao corpo superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Ademais ten o cargo de presidenta da Comisión local de Turismo, Acción Cultural e Relacións Institucionais da formación local, membro da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico do Concello e secretaria desde hai anos da Asociación Cultural Casino de Santiago. Tamén formou parte do xurado do Premio Novela Europea, así como do Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor. "Trátase dunha persoa moi activa na vida cultural da cidade e por excelencia de Galicia", afirmou a secretaria xeral do PPdeG dándolle a benvida ao Comité Executivo do partido e desexándolle moito éxito nas súas novas responsabilidades.