A Consellaría de Cultura e Educación cesa ao xerente do CGAC

Manuel Arroyo levaba no posto dúas décadas

6/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Estivo con Gloria Moure, Miguel Fernández-Cid, Manuel Olveira e agora con Miguel von Hafe. Manuel Arroyo, o xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea, era o traballador máis antigo de cantos ten a entidade e traballou con todos os responsables deste centro case desde a súa creación. A consellaría de Cultura e Educación acaba de comunicarlle o seu cese que aínda non é efectivo. Fontes deste departamento apunta a un “proceso de renovación” no CGAC e que “se designará en breve a unha nova persoa para o posto”.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Miguel Fernández, Miguel Fernández-Cid, Manuel Olveira...