A conmemorar os seus 25 anos de existencia o Centro Galego de Arte Contemporánea botou a vista atrás. Unha mesa redonda con catro das seis cabezas que dirixiron este referente da cultura do país repasaba, o pasado mércores a evolucións e perspectivas de futuro deste espazo. Antón Pulido, Miguel Fernández-Cid, Miguel Von Hafe e Santiago Olmo, ademais dun texto de Manuel Olveira, reflexionaron en público sobre os problemas e as preocupacións de cada un dos seus mandatos. O paradoxo dun centro de exposicións que conta cunha importante colección propia foi un dos eixes nos que se detiveron de xeito particular.
Segundo apuntou Santiago Olmo, actual director da entidade, a introducir un encontro ao que non puideron asistir Gloria Moure nin Manuel Olveira por problemas de axenda, "a idea desta conversa era pór en común toda unha serie de reflexións pero tamén visualizar como pode avanzar o museo e cales son as condicións nas que se está desenvolvendo na actualidade". Na presentación dos actos conmemorativos dos 25 anos do CGAC sinalaba ademais que esta mesa pretendía "ver como funciona o museo, como se encontra hoxe e cales son as responsabilidades e as funcións sociais e de servizo público deste tipo de institucións. Xa non son só espazos para acumular obras senón tamén axentes de produción de ideas, de historias e de obras, cun sentido de educación non regrada". Nesta xuntanza, que se celebrou o pasado 26 de setembro na propia sede do centro, abordáronse cuestións como a relación co edificio que o alberga, as mudanzas na relación coa administración, a importancia do equipo humano e outras cuestións que trataremos en sucesivas reportaxes da serie. No entanto, unha grande parte das intervencións dedicáronse a abordar o xeito no que se foi construíndo a colección do CGAC, algo que a priori non facía parte da natureza dun Centro de Arte Contemporánea.
O centro con colección
A sinalar este paradoxo, Miguel Fernández-Cid, cabeza do espazo entre 1998 e 2005, lembrou na mesa que "co comezo do CGAC Galicia tiña un centro de arte fundamentalmente produtor de exposicións. Logo apareceu un museo (o MARCO de Vigo), e durante anos o país tivo a peculiaridade de contar cun Museo de Arte Contemporánea sen colección e cun centro de exposicións como é o CGAC que si a tiña". Nese sentido, Antón Pulido, director que abriu o espazo en 1993, defendeu a necesidade de contar con fondos propios de calidade como parte da estratexia do centro. "A colección ten que ser boa sobre todo para xogar a nivel de intercambio. Deixas pezas e xogas con ela, pero para iso tes que ter unha boa colección, pode compensar mercar menos obras pero boas". Do mesmo xeito, Santiago Olmo sinalaba que "a colección é un eixe moi importante que cómpre coidar e situar. Ten que se ver como unha ferramenta de investigación, pero tamén como un patrimonio do centro. Ao analizar moitas pezas vimos que houbo unha revalorización moi notable en termos de valor económico, houbo como dez pezas que viron un incremento de valor enorme". Pola súa banda, Miguel Von Hafe, director entre 2009 e 2014 apuntou outro papel que debe cumprir unha colección como esta. "Para min o fundamental é a idea de estar a traballar nun museo público que como tal é unha reserva intelectual e discursiva perante o mercado. Todos coñecemos o peso do mercado hoxe en día. Entón cando pensas nunha colección hai que pensar que tamén debe ser un incentivo para reverter a banalización do gasto e mais do discurso sobre a arte".
O comezo
Segundo lembrou Olmo, na configuración dos fondos do centro "as primeiras compras foron de artistas galegos, a etapa de Pulido foi decisiva na consolidación desa colección". Este director pola súa banda lembraba como se empregaban estas adquisicións para consolidar o tecido da arte contemporánea no país. "As obras mercábanse sobre todo en ARCO. Cada ano eu tiña un orzamento para investir alá en artistas galegos e internacionais. Era un xeito de subvencionar as galerías e ao tempo de apoiar os artistas. Naqueles anos a compra do CGAC foi moi importante para moitas galerías. Foise consolidando unha colección extraordinaria que logo continuou".
O camiño da arañeira
A incidir no carácter dos centros de arte contemporánea, Fernández-Cid apuntaba que "nun centro se das o paso de facer unha colección méteste en máis complicacións do que outra cousa. O máis bonito e dinámico do posto é organizar as exposición, unha colección implica uns fregados importantes. É a parte comercial da arte e supón novas tensións". No entanto, asumiu ese labor como parte do seu posto. "A historia dun centro é a historia de sucesivos equipos, directores e artistas que pasaron. Eu dou o paso de seguir coa colección por varias razóns. Unha é que o CGAC chegara a un acordo con ARCO, moi ben pensado desde esta feira, polo que esta deixaba a súa colección no CGAC a cambio que o centro a estudase e se ocupase dela, e en troques o centro tiña a obriga que gastar anualmente uns cartos na feira". A analizar a situación dos fondos á súa chegada, advertiu que "cando chego vexo que o CGAC ten cinco pezas de artistas internacionalmente moi recoñecidos e o seguinte son obras de artistas galegos dos anos 50. Non había diálogo entre elas", explicaba. "Eu entendía que as necesidades iniciais eran as que eran", recoñece, e sinala a súa orientación para estes fondos. "Ao ter que mercar en ARCO pensei en procurar unhas liñas. A miña idea foi ir tecendo unha arañeira. Que houbese traballos de artistas galegos e logo tentar enlazar co que se fose gardando. Tiña claro que non queriamos unha colección de obras únicas de cada artista, senón que houbese un grupo de obras dun mesmo autor que permitise logo facer pequenos proxectos con outros artistas" explica.
O peso dos artistas
Para alén das adquisicións planificadas coas que se pretendía completar a colección, directores como Fernández-Cid apuntaron o peso que tivo o traballo directo cos artistas na configuración dos fondos de arte desta entidade. "Cando comezas a producir exposicións de artistas que teñen unha traxectoria forte, decátaste de que sen lle dicir nada, eles mesmos propoñen producir obra nova de paso que se produce unha exposición. Había casos como unha exposición dun fotógrafo no que era máis barato producir unha copia nova do que traer unha de onde estivese". Do mesmo xeito, Von Hafe lembrou que "pode pasar con artistas concretos cos que se fai unha exposición, e que fican contentos. Hai artistas como Zoido que son conscientes da función dun museo público, e ao tratar directamente con eles conséguese un prezo moito mellor. Isto permítelle ao Estado aforrar moito nas adquisicións. Un museo público ten esa capacidade".
As liñas e o fondo ARCO
Para Von Hafe, "facer unha colección en Galicia implica traballar sobre un punto de partida local. Cando cheguei interpretei un pouco a colección, e pareceume que tiña como olladas básicas, a galega, con conexións con España e Portugal, e mais Latinoamérica, cun especial interese en Brasil. E eu tentei seguir nesa liña, manter eses focos". Foi durante este período que a feira ARCO recuperou os seus fondos. Para Von Hafe "a presenza dos fondos de ARCO foi totalmente instrumental, eu non podía ter feito moitas exposicións sen eles. Era unha colección importante e segue a ser importante. Non quedei moi traumatizado cando houbo que a devolver a Madrid, porque me parecía que a colección do CGAC xa tiña entidade abonda por si mesma", explica. Ademais, este depósito marcaba en grande medida a economía do centro. "A custodia non implicaba só mercar na feira, aparellaba toda unha serie de custos, como alugar unha nave ou o mantemento das pezas", lembra. Na actualidade considera "evidente que a colección ten unha importancia destacada, en especial para a pór en contexto. Máis do que para facer exposicións individuais de artistas galegos, debe servir para establecer diálogos".
A administración
O proceso de adquisición de obras adoeceu ao longo do tempo, segundo coincidiron os directores, da falta de autonomía do centro que tamén condicionou outros apartados do funcionamento do mesmo. "Cando o centro nace, a colección non é do CGAC, é da Xunta depositada no CGAC", lembraba Fernández-Cid, a lembrar que había unha grande cantidade de obras de arte contemporánea en poder da Administración que non tiñan relación co centro. "O que lle propoño ao director xeral é a necesidade de aclarar a situación. A idea é que os fondos non fosen só colección propia do CGAC senón que mesmo algunhas obras que estaban en despachos puidesen vir aquí, e á inversa, que material que estaba depositado no CGAC se puidesen levar a estes lugares. Isto levoume moito tempo". Dentro da situación do centro como parte da Administración, "a Xunta a certa altura creou unha comisión de adquisicións porque todas as compras da administración pasan por un comité, e as de arte tamén", continuou Fernández-Cid. "Eu tiven que explicar que non tiña moito sentido ir a unha feira que se celebra durante catro días a lle pedir a un galerista que reservase unha obra para logo ter que ir a unha comisión" que podía non aprobar a compra ou demorar o proceso. "Entón o que se facía era mandar unha subcomisión a ARCO, un par de representantes para dar o visto bo á proposta. E isto facilitaba o traballo, era un achegamento por parte desa administración complexa. A cambio cando ao conselleiro lle preguntaban por ese gasto, tiña a tranquilidade de que as cousas se facían ben. Era como un acordo". A concluír o seu labor neste campo, este director apuntaba que "a colección foi nacendo así. Podería dicir que foi algo que eu vía como esencial, e que tiña que ser deste xeito, pero foi un pouco adaptándose ás circunstancias".
Os orzamentos
Se ben sufriron grandes reducións orzamentarias para as adquisicións, Olmo considera que ao longo do tempo se conseguiu manter a calidade dos fondos. "O problema das coleccións é que cómpre que haxa unha continuidade. Deixar de mercar nun momento determinado crea buracos e, ao igual que en áreas como publicacións, cómpre manter a continuidade. Cando eu cheguei a mediados de 2015 había unha partida duns 3.000 euros, que foi o mínimo histórico. A partir de aí foise incrementando", explicaba. Pola súa banda, Von Hafe sinalaba que "todos os anos nos que estiven tiven unha cantidade máis ou menos estable que se destinaba case integramente a ARCO". No entanto o director recoñecía que "en anos anteriores houbera máis fondos". Pola contra, a seguir cara atrás no tempo, Fernández-Cid apuntaba que "eu non tiña unha cantidade inicial destinada para compras, decidíase despois. Na miña época entraban uns cartos en xaneiro, o director reuníase co xerente e logo a falar co padroado propuñan unha cantidade para obras. Sempre pensei que era un privilexiado porque estaba nun sitio onde había uns cartos para facer compras".
O futuro
De cara ao futuro dos fondos do CGAC, Santiago Olmo ve como fundamental a súa posta a disposición do público. "Estamos a traballar nun proxecto de Pedro de Llano coa Universidade de Santiago de Compostela para documentar a colección, volver a situar a colección documentala e presentala a nivel profesional e científico na páxina web do centro. Cómpre que a colección sexa accesible e estea ben documentada, con textos breves, incisivos, con bibliografía. Agora mesmo está nunha situación moi precaria nese sentido, o web non oferta este servizo e desde un museo público como este é algo importantísimo, tamén de cara á investigación".
En vindeiras reportaxes seguiremos a abordar diferentes aspectos da evolución do CGAC ao longo dos últimos 25 anos da man dos seus directores.