De proxecto estrela a espazo severamente afectado polos recortes. Vaivéns políticos, mudanzas estratéxicas ou a propia evolución da sociedade marcaron o devir do Centro Galego de Arte Contemporánea no cuarto de século que leva en marcha. Catro directores desta institución repasaron as súas traxectorias e desafíos na mesa redonda que se celebrou no marco das conmemoracións polos 25 anos da entidade.
Antón Pulido, Miguel Fernández-Cid, Miguel Von Hafe e Santiago Olmo foron os catro directores que o pasado 26 de setembro participaron nunha mesa redonda a analizar diferentes aspectos da evolución do Centro Galego de Arte Contemporánea. Con Manuel Olveira a participar mediante un texto, os sucesivos responsables da entidade revisaron os desafíos aos que se enfrontaron en cadansúa etapa e coincidiron en sinalar cuestións pendentes como a autonomía do centro ou a perda de centralidade da cultura no campo político e na sociedade en xeral. Malia ás evidentes mudanzas que enfrontou neste cuarto de século, para o actual director, Santiago Olmo, o centro actual "non é moi diferente do que comezou. O CGAC que iniciou a súa andaina era un CGAC que posiblemente tiña moito máis orzamento pero non tiña unha colección formada, nin un equipo tan consistente como o que tivo máis tarde", explicaba na presentación dos actos deste aniversario. Ao seu ver, "os momentos iniciais son moi importantes porque determinan as liñas mestras do que será o futuro da institución pero son tamén moi de ensaio".
A aposta política
Estamos a falar dun proxecto que naceu coa intención de revitalizar a capital galega e de lanzar o país a nivel internacional co apoio de dous importantes persoeiros políticos da época. Segundo reivindicaba Miguel Fernández-Cid na mesa redonda "hai dúas persoas de posturas políticas moi distintas que deben ser incorporadas ao relato sobre o CGAC, que son Manuel Fraga e Xerardo Estévez. Sen elas non existiría este centro. É a conxunción de algo que compartían, a necesidade de que para ter un peso e un sentido, Santiago tiña que se enfocar desde a perspectiva contemporánea". Antón Pulido, primeiro director da entidade, lembraba o carácter pioneiro da iniciativa e incidía no importante apoio co que contou desde a Administración. "Hai que pensar que antes do CGAC en Compostela só existía como espazo expositivo a Casa da Parra. Facer o Centro foi un fito na historia da modernidade de Galicia que puxo o país no mapa. Comezouse a falar de Galicia, apareceu nos xornais estranxeiros, e foi apoiado por todos. Eu pasei de director xeral de Cultura a director do centro con todos os apoios do mundo. Portomeñe estaba ao cen por cen, Fraga aprobaba todo o que se lle presentaba, e ata me dixo `señor Pulido, eu sempre asinei as súas propostas mesmo sen estar de acordo con algunha´. Eu ía directamente ao conselleiro de Economía, que era Orza, a solicitar máis orzamento e sempre nos axudaba". Fernández-Cid, pola súa banda, lembrou un traballo no que, malia a non contar xa coas mesmas facilidades de Pulido ("Eu non tiña acceso a Orza como tiña el", lembraba), o centro continuou a ocupar un importante papel na axenda autonómica. Nese sentido lembraba o interese directo de Fraga porque houbese un representante da Xunta na inauguración da exposición de Salvador Cidrás no Museo Reina Sofía de Madrid. A presentación do primeiro artista galego en ter presenza nese centro, logo de ter exposto no CGAC, contou coa presenza do conselleiro de Cultura por mandado directo do presidente. Cuestións coma estas amosan a centralidade que no seu momento tivo esta entidade na política cultural do país, unha importancia que foi perdendo co tempo.
O consenso social
Para alén do apoio gobernamental, a creación do CGAC resultou dun consenso inusitado no panorama cultural do país. "A institución abriu despois duns debates que se organizaron no Consello da Cultura Galega no ano 93, uns debates abertos nos que participaron arquitectos, técnicos, profesionais, responsables doutros museos de fóra de Galicia e tamén persoas da universidade ou críticos de arte", lembraba Olmo. "Alí propuxeron unha serie de criterios e de conclusións de como tería que ser o modelo. O CGAC pode considerarse como un dos poucos museos que xurdiron a partir do debate, e a idea do debate atravesou toda a historia do centro". Nese sentido, Pulido lembraba neste encontro que na posta en marcha do proxecto "o apoio da sociedade galega foi amplo. Viña moitísima xente, isto enchíase sempre que había unha exposición. Nos anos noventa había unha maior centralidade da cultura e un grande entusiasmo". Canda a el Santiago Olmo lembraba que "naquel momento había unha grande tensión por coñecer. A comunicación viña por publicacións, a non existencia de redes facía que a presenza do museo tivese unha función importante de mobilización en combinación coa Universidade de Santiago e coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra". Esta percepción tamén era compartida por Miguel Fernández-Cid. "Naquela época había un grande entusiasmo. Todos comprábamos catálogos onde íamos, algo se torceu porque agora non se ve esa alegría", explicaba. Malia a ese interese inicial do mundo da Cultura, Manuel Olveira, na súa intervención por carta na mesa redonda lamentaba que "desde a súa apertura non sempre se entendeu a acción do centro, porque ben é certo que a arte contemporánea non dá nin sosego nin respostas doadas. Antes ben, formula preguntas que poñen o dedo na chaga. Ás veces algunhas persoas preguntan para que serve un museo. Sempre para as persoas e para a arte. Para min como persoa e como profesional da arte o CGAC foi e segue a ser fundamental".
Internacionalización e música
A falar dos eixes da cada un dos mandatos, Pulido lembraba o seu obxectivo fundamental na posta en marcha do museo. "Cando me incorporei tiña claro que o CGAC tiña que ser internacionalmente coñecido, un centro vital que comezase con moita forza". Nese sentido, lembraba a organización de eventos como "conferencias maxistrais, como a de Ángel Valente ou mesas redondas con Antonio Saura. Tiñamos autobuses desde Pontevedra para alumnos de Belas Artes, e a xente viña en masa". Dentro do seu labor, incidiu no departamento de música contemporánea, que logo desapareceu. "Para a música eu quería un departamento propio, e para iso falei con Manuel Rodeiro. Fomos ao Centro Pompidou de París e negociamos co IRCAM, o seu departamento de música, e acolléronnos cunha grande entrega. Os concertos que se fixeron aquí foron do mellor non só a nivel español senón internacional. O ensemble artístico que dependía do centro deu concertos en Estados Unidos, Alemaña, París ou Oporto", explicaba.
A normalidade
Pola súa banda, o comezo do mandato de Fernández-Cid veu determinado polo polémico cese da súa predecesora. Gloria Moure, enfrontada á Xunta de Galicia, tivo que deixar o seu posto no medio de acendidas protestas, con manifestacións incluídas, do mundo artístico e cultural do país. "Eu veño logo das distintas destitucións que houbo neste centro, e cando chego teño claro que o que cumpría era, en primeiro lugar, arrefriar a situación que había, que era de crispación", admitía. "Logo tiña que crear certa monotonía do traballo cotián, de xeito que o extraordinario fosen as actividades e as exposicións". Nese aspecto "desde o comezo quixen deixar claro que non había unha creba coa anterior liña de exposicións, aínda que si había matices. Eu quería que o traballo do centro se ampliase xeracionalmente. Nas anteriores estivera o que podemos chamar o Top Ten da arte, con nomes como Giovanni Anselmo. O primeiro artista internacional ao que eu chamei era Giuseppe Penone, que ía na liña dos anteriores pero que por entón non estaba nese Top Ten. Quixen programar artistas doutras xeracións, mesmo posteriores á miña, e darlle pulo aos artistas galegos, non só aos históricos". A seguir esa liña "puxen moita énfase en que as exposicións de artistas galegos saísen fóra". Canda a isto, a súa dirección debeu enfrontarse aos primeiros axustes económicos. "Eu fun a persoa que quitou os autobuses de Belas Artes. Cando cheguei o grande problema que me transmiten é que hai un tremendo desaxuste económico e que había que recortar". Tamén lembraba que "as cousas ás que dediquei máis tempo aquí foi a falar co contorno, incluído o político por suposto, para explicar o proxecto. Tentaba que cando alguén viña a unha inauguración o pasase ben, asumíao como parte do meu traballo".
A marca dos orzamentos
Fronte ao período no que naceu o CGAC, Miguel Von Hafe recoñece que o tempo no que a el lle tocou conducir a entidade, entre 2009 e 2014, foi "un período moi complicado. Eu viña do primeiro concurso que se convocou para escoller dirección, moi ilusionado precisamente por ter sido usuario do CGAC. A ser consciente da historia do centro, sabía que este tiña unha lexitimidade que transcendía a nivel internacional e que estaba situado nunha cidade única. Tiña a certeza de que podía convidar calquera artista do mundo e que, mesmo con dificultades financeiras, loxísticas ou de calendario, a posibilidade de expor no CGAC e nunha cidade como Santiago era algo que moi probablemente os levaría a aceptar. E isto confirmouse". No entanto, o seu mandato veu marcado polos drásticos recortes orzamentarios que sufriu o centro. "Isto era en 2009, e nese momento estalou a crise e comezou un período moi complicado. Ao chegar o museo estivera case parado durante algúns meses, había moitas débedas que amañar, pero eu confiaba nunha estabilización para o seguinte ano. E aí veu un recorte que se pode cifrar entre o 37 e o 43% do orzamento", explicaba. A falar sobre a complicación de traballar con orzamentos reducidos, o portugués apuntaba que "isto é como unha pescada co rabo na boca. Se eu teño menos orzamento pero consigo facer as cousas ben, os políticos pensan que se pode traballar ben con menos cartos". Outro factor que amosa tamén a perda de centralidade do centro na política cultural do país, "estoupou a polémica da inauguración da Cidade da Cultura. Nese sentido o CGAC tentou ter un discurso bastante suave, coa idea de que non houbese conflito. Pensamos que en todo caso podía afectar a nivel financeiro, non por competencias institucionais. Mesmo propuxen que parte da colección do CGAC se amosase na Cidade da Cultura, era algo que para min tiña moito sentido pero que para os políticos non parecía telo", explicaba.
A centralidade da cultura
Nunha liña crítica coa situación actual, tanto do centro como da relación da sociedade co mundo da arte e da cultura en xeral, Miguel Von Hafe denunciou que "hai un déficit claro de representación simbólica nos medios políticos do que é a importancia da cultura en xeral e da arte contemporánea. E hai que debater se é unha cuestión ideolóxica ou é unha cuestión financeira. A min preocúpame o distanciamento que hai tamén por parte da sociedade civil. Non hai masa crítica" explicaba. Ao seu ver, "o que aconteceu no MARCO é por non existir esa masa crítica, malia ás protestas do sector". Encol do CGAC, apuntou que "nestes momentos o museo está a ser atacado por moitos flancos, e non é o único. Polos populistas, que só queren espectáculos baleiros; polos tecnicistas que enfraquecen institucións públicas como a Educación, a Sanidade ou a Cultura, que están ao servizo das persoas; e tamén por aqueles que no canto de servir á arte, sérvense dela. Diante de todos eses aos que só lles interesan a arte como ferramenta de distinción elitista ou de capitalización, debemos estar xuntos os que defendemos a arte e o museo como espazo público aberto ao diálogo". A concretar máis no noso país, considera que "a situación en Galicia responde a un descoñecemento propositado da cultura. Desacredítase a crítica a propósito e iso dá en que non se renovou ese discurso". Do mesmo xeito, Santiago Olmo recoñeceu que na actualidade "os problemas non afectan ao museo en concreto, senón aos museos de artes contemporánea en xeral. Nos últimos anos a cultura perdeu certa centralidade e deixou paso a outros ámbitos que teñen máis que ver con modelos de banalización, éxito rápido ou unha dignificación de certos modelos de telerrealidade tamén na política e na vida social. Os que traballamos nisto debemos reafirmar a importancia e a necesidade de centralidade da cultura".
Evolución e prioridades
A facer un repaso da evolución do mundo da arte contemporánea no país, Von Hafe lembraba que "eu comecei a ter contacto con Galicia a través da bienal de Pontevedra, na que participei como comisario. Este era un sinal de contemporaneidade que xa non hai. E hoxe falamos dunha Galicia que non ten o MARCO, onde desapareceron innúmeras galerías de arte. Hai un problema moi grave que cómpre diagnosticar e que me entristece moito. No tempo en que traballei aquí sentín que mesmo coas dificultades financeiras, había unha repercusión internacional importante, con recoñecemento ás exposicións do CGAC, que mesmo chegou a ser considerado como o terceiro ou cuarto museo máis importante do Estado. E isto non é difícil de manter, non é unha cuestión que custe máis que dous quilómetros de autoestrada. Son prioridades que cómpre establecer de xeito claro. Ver o que queren as persoas nos seus territorios, ou o que se quere da cultura é unha decisión política".
A autonomía do centro
Segundo lembraba Santiago Olmo "a cuestión da autonomía foi unha das constantes do CGAC. Presentábase como unha necesidade xa nos primeiros debates que se desenvolveron no Consello da Cultura. Hoxe vemos unha situación na que o groso do traballo é de produción, e estamos constrinxidos por non poder facelo de xeito áxil. É a contradición entre a legalidade da administración pública e a necesidade de ser un servizo público. Esta é unha reivindicación que todos os directores tivemos nalgún momento e que agora é aínda máis necesaria". Unha reclamación coa que concordaron todos os presentes. Para Von Hafe "o problema non é da titularidade do museo, senón unicamente administrativo, de funcionamento. Cómpre atopar algunha fórmula porque a velocidade da arte contemporánea non é a da administración. Eu tiven que facer cousas como facer que compañías de transporte pagasen a artistas para eu lles reembolsar despois de tres meses". Na mesma liña, Fernández-Cid lembraba que "desde o comezo reivindiquei a necesidade dun organismo autonómo. Hai quen o vía como un perigo que convertese o centro nunha illa dentro da Administración. Xusto antes das eleccións que perdeu Fraga el estaba disposto a converter o CGAC en organismo autónomo. E pensei que cando ti chegaches, Miguel (Von Hafe) tiñas unha condición idílica. Contabas cun Conselleiro de Cultura que sabía de exposicións, que era Roberto Varela, e tiñas de directora do padroado unha coleccionista implicada na historia do CGAC. Nese momento pensei que se podía dar o salto".
O padroado
Para alén da mudanza no carácter da institución, Fernández-Cid falou tamén doutra reforma ao seu ver necesaria. "Outro problema que non se comenta no CGAC está no padroado. Cómpre outra figura. É un padroado que tiña uns cimentos, e cando destitúen a directora marchan dúas persoas. Muda o director, seguen, marcha outro director, e continúa sen mudanzas. Entón tes que pensar o que está a acontecer aí. É un organismo que debería ser o aliado do director, convertíase nun adversario. Eu penso que vai sendo hora de que teña tamén un padroado pequeno, que poida esixirlle ao director e transmitirlle o seu parecer. Pero ao tempo que o director poida tamén reclamarlle".
As novas liñas
O mandato de Santiago Olmo, iniciado en 2015, está polo momento centrado en afianzar o centro no seu contorno inmediato. "Algo moi importante é ir a informar de que é este museo e que ofrece. Doutro xeito a cidade ignórao. Desde que se volveron a publicar hai un ano trípticos con información básica en galego, castelán e inglés, nótase un aumento de visitantes. Outro traballo que estamos a facer é tocar os barrios, as asociacións, os centros do concello, todo un tecido que vive de costas ao museo porque non o coñece. Aí hai unha responsabilidade pola nosa banda de non ir a procurar ese público". Na mesma liña, apunta que "neste momento estamos a tentar reforzar os vínculos coa Universidade de Santiago e coa Facultade Belas Artes de Pontevedra", explicaba.