O Consello da Xunta declarará BIC a Obra de Castelao a vindeira semana

A decisión de a clasificar como ben inmaterial provoca polémica no Parlamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O acto de entrega dos Premios da Cultura Galega serviulle onte ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, para anunciar que o Consello de Goberno aprobará a vindeira semana a declaración da obra de Castelao como Ben de Interese Cultural. O recoñecemento, que a Xunta se comprometera a realizar antes de fin de ano, estivo tamén presente na sesión que celebrou pola mañá a Comisión de Educación e Cultura do Parlamento. Na mesma o director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel sinalou que a declaración do conxunto da obra do rianxeiro será como Ben de Interese Cultural de carácter inmaterial.

Precisamente a clasificación da obra de Castelao como ben inmaterial provocou un agro debate na cámara, xa que a deputada do BNG Ana Pontón denunciou que esta mesma comisión acordara que o procedemento consideraría ben material o legado. Ademais denunciou que a proposta da Xunta deixaría sen protección, ao seu ver, os materiais físicos que compoñen a mesma.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ben de Interese Cultural, Educación, BNG

Claves

Protagonistas
Entidades