O Consello da Xunta aprobou o pasado venres a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) Inmaterial para o "conxunto" da obra de Castelao, "pola súa significación para a cultura e a identidade de Galicia". Está é a primeira declaración de BIC inmaterial que se realiza en Galicia, e tamén a primeira declaración dun BIC ao "conxunto da obra dun autor". Segundo informou Cultura, esta declaración "implica a conservación, difusión e investigación do conxunto da obra de Castelao, sen prexuÃzo do exercicio dos dereitos de propiedade intelectual polos seus lexÃtimos titulares, asà como o fomento da súa pegada entre as xeracións futuras".
En declaracións a La Voz de Galicia, o Conselleiro de Cultura manifestou que este novo rango administrativo facilitará que a «Administración poida intervir en casos de uso incorrecto da súa obra». Varela engadiu que cando a obra «sexa utilizada para fins que non sexan correctos, teremos unha ferramenta de intervención». Segundo fontes de Cultura, un exemplo práctico disto serÃa se, por algún motivo, o Sempre en Galiza, a obra culme de pensamento de Castelao, se esgotara e non houbera previsións de reedición por parte dunha suposta editorial. A Xunta velarÃa entón por atopar mecanismos para reeditar ou facer accesible a publicación á cidadanÃa. (Noticia actualizada ás 14:56 h.)