O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciaba este 11 de xuño no Parlamento que a Rapa das Bestas de Sabucedo será declarada Ben de Interese Cultural de carácter inmaterial. Segundo López, o procedemento para a declaración porase en marcha antes da vindeira edición desta festa, que se desenvolverá entre os vindeiros 5 e 8 de xullo nesta parroquia da Estrada.
López, que foi alcalde deste concello antes de ocupar o seu actual posto, considerou "de xustiza" recoñecer o "valor e interese sobranceiro" desta manifestación cultural que xa conta co recoñecemento de Festa de Interese TurÃstico Internacional.
Segundo apuntou na súa intervención, esta celebración conta con "todos os condicionantes" para formar parte do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, polo seu papel na identidade colectiva e mais por se tratar dunha manifestación que unha comunidade preserva de xeito tradicional.
A declaración, tal e como adiantou López, recollerá a tradición da gandarÃa extensiva de cabalos ceibos no monte, canda a todos os elementos, traballos e actos necesarios para xuntar os animais, levalos á aldea, encerralos no curro, rapalos e ceibalos de novo.
No momento en que a incoación do expediente de declaración sexa publicado no DOG, a manifestación contará coa protección que corresponde aos Bens de Interese Cultural. A partir dese momento, a Xunta contará con dous anos para completar o proceso do recoñecemento.
Entidades como a Asociación Rapa das Bestas e o propio Concello da Estrada elevaran desde 2023 solicitudes de cara a obter este recoñecemento para a celebración. O Bloque Nacionalista Galego tamén presentou o pasado mes de maio unha solicitude no mesmo sentido, a reclamar que este recoñecemento poderÃa impedir a instalación de parques eólicos na zona.