O Parlamento declara o 2026 como 'Ano Otero Pedrayo'

A declaración obtivo o consenso de todos os grupos parlamentarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Parlamento declara o 2026 como 'Ano Otero Pedrayo'

O Parlamento de Galicia declarou este mércores o ano 2026 como 'Ano Ramón Otero Pedrayo', ao celebrarse o 50 aniversario da súa morte e o centenario da publicación da Guía de Galicia. Na declaración institucional celebrouse a Pedrayo como "unha figura na construción da Galicia moderna" e como un persoeiro "que nos une a todos". A declaración institucional, lida polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices, reivindica a Otero Pedrayo nas súas facetas de profesor, ensaísta, xeógrafo, novelista, política e membro destacado das Irmandades da Fala e máis tarde do Partido Galeguista".

Que che parece esta nova?
168 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Otero Pedrayo, Morte, Guía, Irmandades da Fala...