O universo inesgotable de Ramón Otero Pedrayo

O CCG presenta un web recompilando todos os materiais accesibles sobre o autor

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeAno Otero Pedrayo
Compartir:
Noriega Varela, Ramón Otero Pedrayo e o abade de Trasalba, Severiano Bermello, en San Pedro de Trasalba [1915-1916]

Noriega Varela, Ramón Otero Pedrayo e o abade de Trasalba, Severiano Bermello, en San Pedro de Trasalba [1915-1916]

Comézase a quentar motores para o Ano Otero Pedrayo declarado polo Parlamento de Galicia. O Consello da Cultura Galega publicou un web recompilando todo o material accesible no web sobre Ramón Otero Pedrayo, orientado aos usuarios que demanden información sobre o polígrafo ourensán durante este ano. O web permite acceder a case vinte publicacións de ou sobre o autor, unha extensa galería fotográfica, roteiros vinculados á súa vida e obra, numerosos recurso sonoros do autor, entre os que se atopan conferencias impartidas polo autor e por outros expertos ao redor da súa figura, ademais do acceso ao acervo documental de epístolas, artigos e á hemeroteca do CCG relacionada con el. Este será o punto de partida das accións que leve a cabo o CCG ao redor de Otero.

Que che parece esta nova?
247 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Otero Pedrayo, Documental, Galería, Parlamento de Galicia...