O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Fundación Otero Pedrayo, publicou onte no seu sitio web máis de cen cartas cursadas por Ramón Otero Pedrayo a Antonio Fraguas. A documentación abrangue un dilatadísimo periodo desde 1928 a 1976 e nelas apréciase a fonda estima que se tiñan os dous intelectuais. O CCG fixo pública a documentación a coincidir co simposio Antonio Fraguas que se está a realizar na Coruña, organizado conxuntamente pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura e o Museo do Pobo Galego. As cartas de Otero Pedrayo a Fraguas proceden dos fondos sobre o gran etnógrafo que se conservan no Museo do Pobo.
De Otero Pedrayo a Fraguas: publícanse cen cartas da súa correspondencia
Son 104 cartas remitidas polo autor ourensán
27 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Lugares

