A Academia publica na rede o discurso de ingreso de Antonio Fraguas

Achega facsímiles do texto orixinal e da resposta de Otero Pedrayo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Academia publica na rede o discurso de ingreso de Antonio Fraguas

As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán é o título do discurso co que Antonio Fraguas ingresaba o 8 de maio de 1956 na Real Academia Galega, a ocupar a cadeira que fora de Castelao. A coincidir co aniversario do evento, a RAG acaba de publicar no seu web unha edición especial deste texto, na que recolle un facsímile do orixinal mecanoscrito canda ao manuscrito da resposta de Otero Pedrayo ao mesmo. Ademais, a RAG achega tamén unha versión adaptada ás actuais Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. O discurso, que comeza cunha gabanza a Castelao, analiza un feixe de coplas que se cantaban na aldea natal de Fraguas.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Castelao, Real Academia Galega, Cotobade...