A RAG publica os documentos do ingreso de Castelao na entidade

O legado inclúe o mecanoscrito do seu discurso ademais de correspondencia arredor do seu nomeamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A RAG publica os documentos do ingreso de Castelao na entidade

O 25 de xullo de 1934, Castelao ingresaba como membro da Real Academia Galega coa lectura do discurso As cruces de pedra na Galiza. A coincidir co aniversario do acontecemento e no Ano Castelao, a Real Academia Galega fixo pública a colección de documentación relacionada con este ingreso. O legado, que se pode consultar na rede, inclúe tanto o mecanoscrito do discurso como correspondencia coa entidade arredor do nomeamento.

Nas cartas agora publicadas, Castelao expresa o seu desexo de que fose Antón Vilar Ponte, que ingresou como membro da entidade un día antes ca el, quen lle dese a réplica ao seu discurso de ingreso, un texto que tamén se pode consultar no espazo web que habilitou a RAG con ocasión do aniversario. Ademais, tamén se pode consultar a proposta na que Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Marcelo Macías elevaron ao pleno da entidade a proposta de nomeamento de Castelao e o dossier de prensa da época que dá conta do ingreso.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Real Academia Galega, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco...