Logo do seu nomeamento o pasado mes de febreiro, Román Pereiro ingresaba este 1 de xullo como membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes. O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo acollÃa a lectura do seu discurso Encontros na felicidade. O plenario da institución escolleu a Pereiro como membro "polo seu apoio en defensa da arte e do patrimonio galego, mediante tarefas fundamentalmente de crÃtica, comisariado e coleccionismo".
Médico de profesión, Pereiro "reuniu aos artistas do movemento Atlántica e posibilitou que amosaran a súa obra en diversos espazos" desde a súa posición como coleccionista, segundo apunta a institución. Ademais "xunto coa súa muller Malena Lepina, foi creador de iniciativas na Finca O Toutizal durante os veráns co nome de Baiona Horizonte Atlántico, que resultaron ser verdadeiros happenings nos que se reunÃan multitude de figuras do mundo da Arte e nos que se expoñÃa un artista compartindo os seus traballos cun escritor galego; destes encontros foron editados catálogos e carpetas de obra gráfica con poemas e relatos". Asà mesmo "dende a tenda de Aguatinta, dirixida pola súa muller, editáronse pequenos libros de serigrafÃas de artistas plásticos acompañadas por textos de escritores galegos", lembra a entidade.
No acto de ingreso, o presidente da Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo destacou que "non se pode falar de Atlántica sen falar de Román Pereiro, que foi quen de activar e vertebrar o proxecto, e como mentor, impulsor e creativo intelectual estará sempre ligado a aquel colectivo que irrompe con forza na plástica galega en Baiona en 1980".