A Editorial Galaxia publicou o primeiro tomo da monumental biografía de Castelao, inicialmente defendida como tese de doutoramento por Miguel Anxo Seixas. Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 detense na infancia, mocidade e primeira madurez do autor rianxeiro, e continúa ata a chegada da II República. Será o primeiro dos tres tomos nos que Seixas presenta unha ampla biografía que documenta toda a vida e actividade política e cultural de Castelao.




