A Fundación Premios da CrÃtica de Galicia celebrou este sábado 13 de novembro en Vigo a 44 edición dos seus galardóns. O fallo recoñeceu na categorÃa de Creación Literaria a obra Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, da que destacou " a perspectiva novidosa da emigración e centros cosmopolitas europeos; a construción dunha época que visibiliza e dignifica as mulleres emigrantes galegas; e a creación dun universo autoficcional sen condescendencias". Castelao. Construtor da nación. Tomo II valeulle a Miguel Anxo Seixas o premio de Investigación por unha "investigación profunda e rigorosa que se achega á figura fulcral da cultura galega".
No campo das iniciativas Iniciativas Culturais e CientÃficas o recoñecemento foi para o festival Viñetas desde o Atlántico por unha "traxectoria dilatada e entusiasta, de máis de dúas décadas a prol da difusión e divulgación dun xénero pouco recoñecido pero de grande excelencia como é a banda deseñada e no que cumpre un papel central no ámbito galego, estatal e internacional con forte calado popular". O galardón de música foi nesta xeira para Alejo Amoedo, pola súa "longa traxectoria como dinamizador da posta en valor da patrimonio musical galego" tanto coa súa actividade concertÃstica como divulgativa. Na categorÃa de Artes Plásticas Manuel Ayaso viu recoñecida "a súa traxectoria, a capacidade creativa, a construción de linguaxe persoal e a presenza de Galicia na súa obra pictórica, asà como o seu recoñecemento internacional".
A coincidir co lanzamento do seu número cen e co comezo dunha nova etapa, a revista Erregueté obtivo o galardón de Artes Escénicas. O xurado destaca o ser "a única revista en galego de teatro e con escasos recursos logran estar en todas as representacións, atender a todos os xéneros e facer unha crÃtica seria e profesional". O labor de Margarita Ledo na produción, dirección e guión de Nación valeulle facerse co premio de Cine e Artes Audiovisuais en recoñecemento "ao seu irrenunciable compromiso por intentar transformar a sociedade cunha longa traxectoria que arranca nos alicerces do audiovisual galego".
Un total de 56 persoas representativas dos diversos ámbitos da polÃtica, da sociedade e da actividade cultural do paÃs participaron do proceso de selección dos galardóns de este ano baixo o lema "Non hai idioma abondo para recoñecérmonos" de Xela Arias. No transcurso do acto, conducido pola poeta Yolanda Castaño, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da CrÃtica de Galicia, entregou ao presidente do Parlamento de Galicia un recoñecemento deseñado polo pintor Antón Pulido con motivo do cuadraxésimo aniversario da cámara galega.