Presentado "Meu Pontevedra" un video inédito sobre Castelao

Castelao inédito

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

O documental "Meu Pontevedra. Gozo e traxedia do Castelao pontevedrés" foi o encargado de poñer o punto final a tódolos actos conmemorativos do Cincuenta Aniversario do pasamento de Castelao. Un filme inédito que abordaba a figura do polifacético artista e creador e a súa relación con Pontevedra.

Meu Pontevedra


Baixo o título de "Meu Pontevedra" o historiador José Antonio Durán presentou unha visión diferente de Castelao. Unha faceta que mostra a súa relación con Pontevedra e co seu entorno, destacando sobre todo, a súa relación con Sánchez Cantón, fundador do Museo de Pontevedra. Un traballo que analiza a figura de Castelao nun período que vai dende o 1916 ata o 1936. O traballo incorpora documentos inéditos como unhas cartas remitidas a Sánchez Cantón nas que Castelao presaxia a Guerra Civil española. Un traballo documental elaborado por encargo da Deputación de Pontevedra e que se presentou tamén en Rianxo, o sábado pola tarde, e en A Estrada.



Homenaxe do Pobo


Cada 7 de xaneiro o Museo do Pobo Galego vístese de largo para homenaxear a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. E este ano, no que se celebraba o cincuentenario, os actos foron máis sonados que do habitual. En primeiro lugar comezouse cunha visita guiada a través da figura e da obra o propio Castelao; unha exposición comisariada por Miguel Anxo Seixas e que permanecerá aberta ata o día 21. Unha visita que rematou coa realización dunha ofrenda floral.



Máis homenaxes


Rianxo (A Coruña), Pontevedra e A Estrada (Pontevedra) sumáronse ós actos de celebración do cincuentenario. Unhas celebracións que coincidiron coa celebración das ofrendas florais. No caso do concello pontevedrés de A Estrada o acto centrouse na homenaxe á súa dona e ó seu fillo. Un acto que continuou no Teatro Principal coa proxecció de "Alfonso Daniel. A Xoia dos Castelao de Rianxo". Pechando a xornada o Liceo Marítimo Rianxeiro.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Documental, Rianxo, Antonio Durán...