O documental O segredo do fulión chega á rede

O xornal La Región publica esta produción documental que se presentou no último OUFF

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O documental O segredo do fulión chega á rede

Cando comezan as primeiras celebracións do Entroido, o xornal La Región publica na rede a curtametraxe documental O segredo do fulión. Esta produción dirixida por Pepelu Viñas deuse a coñecer na última edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) e pode verse no web do xornal e mais no de Telemiño.

Segundo explica o xornal, ao longo dos seus 14 minutos de duración, o filme "percorre a tradición do fulión, as súas mázcaras e ritos" a amosar como se mantén viva en Manzaneda. A actriz Mariana Carballal, o narrador Aimar Vega, o músico Carlos Núñez e o antropólogo Rafael Quintía participan deste proxecto.

Que che parece esta nova?
242 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, La Región, OUFF, Cine...