A continuidade do Festival internacional de Cine de Ourense OUFF está posta en dúbida estes dÃas, segundo recolle o xornal ourensán La Región. A burocratización e os impedimentos que a Lei de Racionalización e Estabilidade Presupuestaria pon ás contratacións públicas para a renovación directa da equipa do director do certame, Fran Gayo, estarÃan no fondo desta incerteza. Segundo o xornal non haberÃa problema coa renovación de Gayo, malia que aÃnda non se produciu, pero si coa do persoal que con el saca adiante este evento que deberÃa acceder a eses postos a través dun procedemento de concurso público, posibilidade que non satisfai ao director que poderÃa renunciar a seguir adiante nesas condicións. Esta situación incerta que xira arestora arredor do posto de dirección e da equipa de traballo refórzase negativamente tamén polo feito de non ter presentadas aÃnda as bases para a edición deste ano a celebrar en outubro, a que serÃa número 23 do festival, e pola inestabilidade do actual goberno local do PP que goberna en minorÃa e cuxa principal oposición no consistorio, Democracia Ourensana, pide abertamente a desaparición do OUFF.