Fran Gayo é o novo director do Festival de Cinema de Ourense

A vindeira edición celebrarase entre o 28 de outubro e o 5 de novembro

10/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fran Gayo

O Festival de Cine Internacional de Ourense estreará director na súa vixésimo primeira edición. O asturiano Fran Gayo correrá coa coordinación do evento na xeira que se celebrará entre o 28 de outubro e o 5 de novembro vindeiros. Segundo explicou a organización do evento, Gayo, que xa fora responsable de eventos como o FicXixón ou o BAFICI de Bos Aires, "asume o reto de contaxiarlle ao público de Ourense a súa curiosidade polas novas tendencias cinematográficas do concerto internacional, especialmente do ámbito iberoamericano, sobre o que se porá o foco na presente edición do OUFF".

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, OUFF, Bos Aires

Claves

Entidades
Conceptos