O recente anuncio por parte do Concello de Ourense do proceso de licitación da seguinte edición, que serÃa a número 23, do Festival de Cine Internacional de Ourense –OUFF-, ven de provocar a redacción e difusión de dous comunicados moi crÃticos desde o Cineclube Padre Feijóo e do Director ArtÃstico e a Produtora Executiva das dúas últimas edicións, Fran Gayo e AnalÃa G. Alonso. Hoxe en declaracións ante a prensa o alcalde ourensán, Jesús Vazquez, afirmou que el a concelleira de Cultura eran "os primeiros desgustados" pola situación pero defendeu que o concurso público era única opción legal posible. O rexedor ourensán ligou a continuidade do OUFF á do propio director artÃstico á fronte e colocou o horizonte de celebración do evento no primeiro semestre do ano, referÃndose concretamente á posibilidade de trasladar o festival a abril ou maio nunha decisión que, segundo el partirÃa sas argumentacións do propio Fran Gayo que verÃa nestas datas máis axeitada a celebración
O Cineclube, unha institución cultural da cidade con 50 anos de actividade, reivindica Ourense como unha cidade cunha cultura cinematográfica asentada e a importancia do OUFF contribuÃndo decisivamente a ese carácter desde 1996. Para o Cineclube Padre Feijóo esta é unha cita que debe ser irrenunciable por parte dos responsables públicos. "Non se pode perder unha oportunidade cultural única coma a do OUFF", afirman ao tempo que recordan que o OUFF supón un motor económico "tanto no eido audiovisual coma no eido local: unha fonte para empresas de hostalarÃa, restauración, transporte e servizos". Para esta institución cultural a situación actual, motivada pola saÃda a concurso da súa xestión a escasos cinco meses da súa teórica celebración, presume a ausencia de edición de 2018 e posiblemente a de 2019. Ven indolencia e deixamento no xeito no que a Concelleira de Cultura manexou o asunto e solicita que a concelleira de Cultura, D.ª Belén Iglesias Cortés, "dimita e abandone as súas responsabilidades en materia cultural" ante a situación de risco na que consideran que queda o OUFF. O Cineclube tamén aproveita o seu comunicado para solidarizarse co que foi director artÃstico do festival nos pasados dous anos, Fran Gayo, e a súa equipa e considera que é rexeitable "a falta de consideración ética co traballo desenvolvido até o de agora" por estes profesionais.
Gayo e Alonso non aseguran presentarse
Xustamente Gayo e máis AnalÃa G. Alonso, produtora executiva do OUFF na súa equipa dos pasados dous anos, emitiron tamén un comunicado para aclarar algúns puntos ante as últimas informacións sobre o OUFF. O director e a produtora afirman ter coñecido a apertura do procedemento de licitación para a vindeira edición a través dos medios de comunicación malia recoñecer que en anteriores reunións co Concello falouse desa posibilidade entre outras. Ambos profesionais fan unha descrición das negociacións e reunións que nestes pasados meses tiveron ante o concello Ourensán, entre outras a renuncia presentada por ambos en febreiro ante "unha grave situación de impagos por parte do Concello de Ourense a diferentes provedores e membros da equipa do OUFF, asà como pelÃculas premiadas", din. Ante esa renuncia, segundo contan ambos, desde o Concello comezaron a reverter esa situación e comprometéronse con eles a darlles apoio na seguinte edición, o que lles fixo retirar a renuncia. Gayo e Alonso aseguran que tras iso, e despois de moitas reunións nas que non se chegou a concretar unha decisión eles optaron polo silencio "á espera dunha proposta por parte do Concello" para terminar vendo na prensa unha decisión xa tomada de xeito "unilateral" que "anula asà calquera outra posibilidade das prantexadas". O director e a produtora subliñan tamén o grave dolo que se lles causa como profesionais ao facerlles ver unha continuidade que non se pode dar. "Comprometerse co OUFF implica bloquear as nosas axendas de traballo por varios meses", din e aseguran que agora quedan nunha delicada situación. Gayo e Alonso afirman que está á espera de ver o redactado das bases do concurso para decidir se van presentarse ou non para a vindeira edición. Nas declaracións ante a prensa do alcalde, Jesús Vázquez, a continuidade do propio festival pasa tamén pola continuidade de Gayo e do seu equipo de xestión, "iso é o que nos gustarÃa", di Vázquez, que insta a facer unha reunión para ver de que maneira se poderÃa conseguir iso dentro da legalidade necesaria do concurso público. O alcalde declarouse "moi satisfeito" co traballo de Gayo e opina que serÃa unha mágoa non "poder atopar unha alternativa" para contar coa súa equipa a liderar o proxecto do OUFF como viñan facendo desde 2016.
Comunicado do Fran Gayo e AnalÃa G. Alonso sobre o OUFF.O Cineclube, unha institución cultural da cidade con 50 anos de actividade, reivindica Ourense como unha cidade cunha cultura cinematográfica asentada e a importancia do OUFF contribuÃndo decisivamente a ese carácter desde 1996. Para o Cineclube Padre Feijóo esta é unha cita que debe ser irrenunciable por parte dos responsables públicos. "Non se pode perder unha oportunidade cultural única coma a do OUFF", afirman ao tempo que recordan que o OUFF supón un motor económico "tanto no eido audiovisual coma no eido local: unha fonte para empresas de hostalarÃa, restauración, transporte e servizos". Para esta institución cultural a situación actual, motivada pola saÃda a concurso da súa xestión a escasos cinco meses da súa teórica celebración, presume a ausencia de edición de 2018 e posiblemente a de 2019. Ven indolencia e deixamento no xeito no que a Concelleira de Cultura manexou o asunto e solicita que a concelleira de Cultura, D.ª Belén Iglesias Cortés, "dimita e abandone as súas responsabilidades en materia cultural" ante a situación de risco na que consideran que queda o OUFF. O Cineclube tamén aproveita o seu comunicado para solidarizarse co que foi director artÃstico do festival nos pasados dous anos, Fran Gayo, e a súa equipa e considera que é rexeitable "a falta de consideración ética co traballo desenvolvido até o de agora" por estes profesionais.
Gayo e Alonso non aseguran presentarse
Xustamente Gayo e máis AnalÃa G. Alonso, produtora executiva do OUFF na súa equipa dos pasados dous anos, emitiron tamén un comunicado para aclarar algúns puntos ante as últimas informacións sobre o OUFF. O director e a produtora afirman ter coñecido a apertura do procedemento de licitación para a vindeira edición a través dos medios de comunicación malia recoñecer que en anteriores reunións co Concello falouse desa posibilidade entre outras. Ambos profesionais fan unha descrición das negociacións e reunións que nestes pasados meses tiveron ante o concello Ourensán, entre outras a renuncia presentada por ambos en febreiro ante "unha grave situación de impagos por parte do Concello de Ourense a diferentes provedores e membros da equipa do OUFF, asà como pelÃculas premiadas", din. Ante esa renuncia, segundo contan ambos, desde o Concello comezaron a reverter esa situación e comprometéronse con eles a darlles apoio na seguinte edición, o que lles fixo retirar a renuncia. Gayo e Alonso aseguran que tras iso, e despois de moitas reunións nas que non se chegou a concretar unha decisión eles optaron polo silencio "á espera dunha proposta por parte do Concello" para terminar vendo na prensa unha decisión xa tomada de xeito "unilateral" que "anula asà calquera outra posibilidade das prantexadas". O director e a produtora subliñan tamén o grave dolo que se lles causa como profesionais ao facerlles ver unha continuidade que non se pode dar. "Comprometerse co OUFF implica bloquear as nosas axendas de traballo por varios meses", din e aseguran que agora quedan nunha delicada situación. Gayo e Alonso afirman que está á espera de ver o redactado das bases do concurso para decidir se van presentarse ou non para a vindeira edición. Nas declaracións ante a prensa do alcalde, Jesús Vázquez, a continuidade do propio festival pasa tamén pola continuidade de Gayo e do seu equipo de xestión, "iso é o que nos gustarÃa", di Vázquez, que insta a facer unha reunión para ver de que maneira se poderÃa conseguir iso dentro da legalidade necesaria do concurso público. O alcalde declarouse "moi satisfeito" co traballo de Gayo e opina que serÃa unha mágoa non "poder atopar unha alternativa" para contar coa súa equipa a liderar o proxecto do OUFF como viñan facendo desde 2016.
Comunicado do Cineclube Padre Feijóo sobre a OUFF.