O Concello de Ourense ven de anunciar nunha nota de prensa que iniciará un proceso de licitación mediante un procedemento aberto o contrato de servizos de organización da XXIII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense OUFF. Segundo o Concello a decisión vén motivada polos informes técnicos solicitados pola ConcellerÃa de Cultura con respecto á entrada en vigor da Ley 9/2017, de Contratos del Sector Público (LCSP), pola que se traspoñen ao ordenamento xurÃdico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consejo 2014/23/UE e 2014/24/UE, que introduce importantes novidades na contratación e que obrigan a replantexar as fórmulas seguidas ata o de agora para organizar o OUFF. A redacción das bases que rexan o procedemento e os pregos de condicións, asà como os prazos legalmente establecidos para estas licitacións farán imposible a resolución a tempo para sacar adiante o festival nas súas datas habituais de outubro e mesmo no resto do ano en curso. A continuidade do que foi director do Festival Internacional de Cine de Ourense OUFF desde o 2016, Fran Gayo non está aÃnda confirmada xa que, segundo recollÃa recentemente o xornal La Región, o directivo condicionaba a súa participación ao mantemento da súa equipa de traballo, cuxa contratación terá que pasar agora por este procedemento. Por outra banda, o propio anuncio deixa clara a decisión de continuidade do evento nas previsións municipais.