Fran Gayo renuncia á dirección artística do seguinte OUFF

A produtora Analía G. Alonsoe el despídense do festival audiovisual nun comunicado público

Fran Gayo
Fran Gayo
A seguinte edición do Ourense International Film Festival (OUFF) terá que acadar unha nova equipa directiva para a súa celebración, que non ten data fixada aínda. Os desencontros entre o Concello ourensán a equipa directiva das dúas pasadas edicións xa non dan máis de si para estes últimos e fixeron público un comunicado de despedida irrevogable do proxecto. Fran Gayo e e Analía G. Alonso, director artístico e produtora executiva das edicións de 2016 e 2017, veñen de facer pública esta toma de posición ante o que consideran a ausencia dunha “proposta clara e formal” que resolva a súa continuidade no OUFF a apenas catro meses da que sería a súa data de celebración habitual, malia que o alcalde ourensán Jesús Vázquez , xa colocou na primavera de 2019 a posible celebración da seguinte cita co evento, deixando así 2018 como ano en branco para o OUFF. O concello segue adiante co seu concurso público de licitación da organización do festival, xa tendo claro que Gayo non se presentará a el como desde a alcaldía se pretendía, e terán que publicar as bases que marquen os termos en que esta organización se leve a cabo en canto a contratación da equipa humana. A través do seu comunicado, feito público nas redes sociais, Gayo e Alonso lamentan ter que tomar esta decisión e aproveitan para agradecer todos os numerosos apoios recibidos nas pasadas semanas á súa xestión no OUFF e pedindo a súa continuidade.