(da nota de prensa do Consello da Cultura Galega)
Detrás de Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices hai 1880 documentos de tipoloxía variada, que datan entre 1124 e 1506 e que suman máis de trinta anos de traballo de documentación e de compilación; e mais un nome propio, o de Ramón Lorenzo, que foi o incansable traballador deste proxecto fundamental para o coñecemento do galego medieval e da primeira metade do século XVI. O traballo presentouse este pasado martes en Montederramo nun acto no que participaron os responsables de que esta iniciativa vise a luz: Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG); Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xosé Luís Regueira, director do ILG, e mais o autor Ramón Lorenzo.
Unha colección dunha riqueza extraordinaria polo seu número e por percorrer a Idade Media, ininterrompidamente, durante máis de catro séculos. É unha crónica de vida da época nunha ampla área de influencia: doazóns, compras, vendas, trocos, relación de bens, derradeiras vontades, melloras, liortas, ameazas..., destaca Rosario Álvarez, a presidenta dunha institución que alentou e sustentou desde o primeiro momento un traballo que permite testemuñar máis de once mil cincocentos nomes de persoa e máis de tres mil nomes de lugares, entre eles o primeiro rexistro dunha enigmática Rouoyra Sacrata. Nos textos introdutorios da publicación, o historiador Ramón Villares apunta que non é o mosteiro galego máis relevante pero ten unha riqueza documental importante. Neles o autor, Ramón Lorenzo, recoñece que foi un traballo descomunal de varias décadas.
A maior parte dos documentos que teñen que ver co mosteiro de Montederramo consérvanse no Arquivo da Catedral de Ourense, no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e no Arquivo Histórico Nacional de Madrid (Sección de Clero-Regular Secular). Lugares que o propio Ramón Lorenzo e o seu equipo frecuentaron durante anos para o traballo que agora se presenta. Despois de establecer unhas normas de transcrición (separación e unión das palabras, puntuación e uso das minúsculas e maiúsculas...) e consideracións sobre os grafemas e algunhas referencias a características lingüísticas, conseguiuse unir este traballo, que queda ao dispor de investigadores das máis variadas disciplinas (filoloxía, historia, arqueoloxía, dereito...).
Esta edición abrangue desde o primeiro documento que se conserva (do 15 de marzo de 1124) ata os últimos escritos en pergamiño no século XVI (do 25 de marzo de 1560). En total preto de dous mil documentos seguidos de dous longos apéndices que conteñen dúas cartas executorias, unha de 1520 e outra de 1606, nas que se reproducen moitos documentos anteriores. Foron máis de trinta anos os que se necesitaron para que este traballo vexa a luz, grazas á colaboración de varias institucións como o Consello da Cultura Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Instituto da Lingua Galega.
A divulgación desta obra farase a través de dous soportes. Dunha banda en dixital, a través do proxecto web Gallaeciae Monumenta Histórica (GMH). Da outra, en papel, en tres volumes mais a colección documental e índices, que son os que se presentan este martes nun acto no que tamén haberá unha actuación musical do grupo Manseliña, integrado por María Giménez, voz, fídula oval réplica do Pórtico da Gloria e percusión tradicional; Tin Novio, laúde medieval réplica do Pórtico da Gloria; e Pablo Carpintero, gaita da CSM 360, aerófonos e pandeiros tradicionais do seu obradoiro.