A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía na mañá deste 15 de novembro a presentación do Foro Patrimonio e Sociedade. Este novo espazo de debate xorde desde a Sección de Patrimonio e Bens Culturais coa intención de desenvolver un amplo debate sobre os intereses, valores e problemas na xestión destes bens, tanto desde administración como no conxunto da poboación galega.
Segundo sinalou a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, na presentación do proxecto "a Sección de Patrimonio detectou nos últimos anos unha serie de eivas" que amosan a necesidade de pensar unha estratexia na xestión deste campo na que a transversalidade, a coordinación e a conexión coa sociedade ocupen ámbitos centrais. O novo foro, que contará coa presenza de profesionais da investigación, da xestión, da administración, das industrias culturais e do ámbito da sociedade civil, desenvolverá a súa actividade organizado en tres mesas temáticas.
"Patrimonio, políticas públicas e normativa legal" coordinada por Teresa Nieto e Cristina Sánchez-Carretero, avaliará o xeito no que o patrimonio cultural pode se integrar nas políticas públicas. "Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural" contará coa coordinación de Iago Seara e Carlos Nárdiz para analizar as perspectivas nas que se están a abordar os bens patrimoniais e ata que punto existen preferencias entre diferentes tipos de patrimonios. Finalmente, unha terceira mesa titulada "Patrimonio, educación, formación e cidadanía", coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e Juan Monterroso, abordará a vinculación entre patrimonio e sociedade a través das escolas, diferentes xeitos de formación ou a vinculación da cidadanía na xestión patrimonial.
Cos resultados destas mesas de debate elaboraranse unhas conclusións que se exporán ao público e se debaterán nas xornadas de debate que o Consello prevé celebrar en novembro de 2020, a roldar o Día do Patrimonio. O documento faráselle chegar tamén a administracións e entidades de estudo e xestión deste ámbito co fin de desenvolver unhas novas liñas estratéxicas de xestión.