Unha guía recupera a memoria dos deportados coruñeses aos campos nazis

Presentárona hoxe que é o Día Internacional de Conmemoración en memoria das vítimas do Holocausto

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaTurismo
Compartir:
A publicación do folleto complementa as múltiples liñas de traballo impulsadas pola ARMH en colaboración co Concello: exposicións itinerantes, libros biográficos, recursos dixitais e accións xudiciais internacionais.

A publicación do folleto complementa as múltiples liñas de traballo impulsadas pola ARMH en colaboración co Concello: exposicións itinerantes, libros biográficos, recursos dixitais e accións xudiciais internacionais.

A cidade da Coruña deu hoxe un paso máis na recuperación da memoria histórica coa presentación dunha guía centrada na historia dos coruñeses deportados aos campos de concentración nazis. A publicación, elaborada en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), recolle un percorrido polas Stolpersteine (adoquíns conmemoritivos) instaladas fronte ás casas natais dos once deportados, así como contexto histórico e biográfico sobre cada un deles.

A publicación do folleto complementa as múltiples liñas de traballo impulsadas pola ARMH en colaboración co Concello: exposicións itinerantes, libros biográficos, recursos dixitais e accións xudiciais internacionais. A través da web www.deportadoscoruna.com, pódese acceder a materiais que contribúen a combater o esquecemento e garantir a transmisión da memoria ás novas xeracións. Ao longo da xornada desenvolveranse outras actividades vinculadas á presentación, como a reunión informativa prevista para as 18:00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, na que está confirmada a participación de familiares dos deportados e especialistas na materia.

Que che parece esta nova?
224 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Memoria Histórica, Exposicións, Casa Museo Casares Quiroga...