Bota a andar Iniciativa Galega pola Memoria

A reivindicación de San Simón activa esta federación de asociacións

19/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Aínda que formalmente existe desde 2007, a Iniciativa Galega Pola Memoria facía pública onte na Illa e San Simón a súa declaración de principios. A entidade agrupa unha trintena de colectivos dedicados á recuperación da memoria histórica, que reivindican a implicación das administracións na exhumación das vítimas do franquismo e na investigación da represión da dictadura. A presentación deste texto fíxose no transcurso do acto en lembranza das vítimas que se celebra cada 18 de xullo en San Simón. Precisamente un dos puntos destacados da celebración foi a reivindicación desta Illa como espazo dedicado á memoria histórica, ante a reorientación que lle quere dar a Xunta ao conxunto.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Simón, Memoria Histórica, Asociacións, Franquismo