Os colectivos de memoria histórica denuncian a política da Xunta neste campo

Reclaman que continúe a investigación sobre a represión e a apertura de foxas

11/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un total de 17 colectivos de memoria histórica acaban de publicar un manifesto no que denuncian a actual política da Xunta neste campo xa que, segundo eles, o Goberno Galego reduciu ou eliminou as liñas de axuda existentes. Nese sentido reclaman que continúen os proxectos de investigación en curso sobre a represión franquista e solicitan que se manteña o convenio entre a Universidade de Santiago e o Instituto de Medicina Legal para a exhumación de foxas. Do mesmo xeito, o manifesto lembra a declaración da illa de San Simón como Lugar da Memoria e insisten en que "debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido".

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Manifesto, Medicina, Goberno Galego...