A Consellaría de Cultura creará un organismo para implicar colectivos deste campo

Preparando o ano da memoria

19/12/2005 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Historia
1 lecturas | Compartido 0 veces
No 2006 cúmprese o 70 aniversario do alzamento franquista e o inicio da represión. Por iso, a Consellaría de Cultura declarouno “Ano da memoria”. Con motivo da efeméride e da organización de actividades conmemorativas, o director xeral de Creación Cultural, Luís Bará, reuniuse con todos os colectivos que traballan na recuperación da memoria histórica do pais. Representantes dos mesmos integrarán o Consello da Memoria, que se creará no primeiro trimestre do ano que vén e que servirá como centro de intercambio de información e para a organización de homenaxes. Ademais, Cultura asinará un convenio coa universidade para crear un equipo de investigación que analice as vítimas da represión franquista.

Máis información no web da Xunta; e nos nosos arquivos


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades