Madrid achégalle 200.000 euros a 8 proxectos galegos de memoria histórica

Unha investigación sobre o colectivo protestante é a que recibe máis axudas

5/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Oito proxectos de investigación sobre a memoria histórica galega repartiranse 200.000 euros das subvencións que o ministerio de Presidencia achega a estes fins. En concreto recibirán axudas a Universidade de Santiago, a de Vigo, a Fundación Luís Tilve, a Casares Quiroga, a Asociación Cultura Aberta, o Foro pola Memoria Histórica, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e o Consello Evanxélico de Galicia. Precisamente unha investigación desta última entidade, centrada na memoria histórica dos protestantes durante a guerra e o franquismo, é a que recibe unha maior contía, con 34.200 euros de apoio.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Madrid, Franquismo, Guerra...