Coa vontade de "borrar a raia" segundo explicou Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, a sétima edición de No bico un cantar celebrarase o vindeiro 7 de xuño en Tui. A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía esta mañá a presentación desta actividade na que colaboran esta institución, a Consellaría de Educación, a de Cultura, o Concello e mais sete conservatorios e trece escolas de música. Desta volta, o repertorio estará composto polas composicións San Campio. Romaría Galega, adaptación dun poema de Manuel Lago González musicado por Torres Creo; Veira d´o mar, do vigués Pío Lino Cuíñas con música de Reveriano Soutullo; a composición popular portuguesa Ó rama, ó que linda rama e, como é habitual, a versión do Maio longo de Rosalía de Castro realizada por José Baldomir.
A estrea desta xeira é a versión musicada do poema de Xosé María Álvarez Blázquez No rego do prado que realizou Alexis Rozas Losada. Na composición, o autor percorre a xornada a partir dos cantos da cotovía, o merlo e o reiseñor a alternar partes cantadas con movementos instrumentais que recrean as paisaxes sonoras do texto.
Medio milleiro de alumnas e alumnos de sete conservatorios de todo o país e mais de trece centros de ensino musical próximos a Tui, ademais de dous asentados en Fafe e en Valença interpretarán estas pezas coa colaboración do sexteto Hércules Brass baixo o lema Nenas e nenos cantan na raia. Maximino Zumalave coordina esta iniciativa, que pretende dar a coñecer poetas de Galicia desde o punto de vista musical ao tempo que aposta por enriquecer o patrimonio musical do país con novas pezas.