Yzquierdo Perrín e a arte medieval galega: dez textos para ler

Repasamos a traxectoria intelectual do catedrático de Arte finado onte en Compostela

  • O historiador da arte Ramón Yzquierdo Perrín faleceu este xoves 2 de outubro en Santiago de Compostela. Yzquierdo foi catedrático de Arte na Universidade da Coruña e profesor na Universidade de Santiago. Este venres ás 12 da mañá celebrarase u...

Xosé Miranda gaña o XXIII Premio de Poesía Afundación

No libro 'As torres abolidas' o lucense fai un traballo poético sobre a nosa mitoloxía

  • O escritor e profesor Xosé Miranda, coa obra 'As torres abolidas', ven de facerse co XXIII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. O xurado considerou que este libro de poemas presen...

Un investimento de 215.000 euros recuperará a casa de Ben-Cho-Shey

A Xunta apoia a segunda fase da rehabilitación deste edificio do Pereiro de Aguiar

  • A casa na que Xosé Ramón Fernández Oxea, coñecido como Ben-Cho-Shey, viviu durante dez anos no Pereiro de Aguiar (Ourense) completará a súa rehabilitación. O Consello da Xunta deste 29 de setembro aprobaba un investimento de 115.000 euros para...

A provincia da Coruña ofrece un amplo programa de visitas nas Xornadas Europeas do Patrimonio

A inscrición aínda está aberta no web da Deputación da Coruña

  • A Deputación da Coruña celebra a segunda edición das Xornadas europeas do Patrimonio cun completo programa de visitas guiadas gratuítas e un obradoiro de astrofotografía. As visitas recollen espazos singulares como xoias industriais, xacementos ...

A literatura volta a Santiago en outubro coa SELIC

A Semana do Libro de Compostela celebra entre os días 3 e 12 a súa primeira edición de outono

  • Unha sesión de lectura compartida na Praza de Obradoiro servía como preludio, este 28 de setembro, para a nova edición da SELIC. A Semana do Libro de Compostela inicia este 3 de outubro o programa da primeira edición que dirixe Lorena Conde e que...

O 34 FIOT acollerá a estrea de once espectáculos galegos

O festival de Carballo comeza este xoves e ofrece un punto de partida a estas producións

  • Coa apertura este xoves do FIOT na súa 34ª edición Carballo será o espazo de estrea absoluta dunha ducia de espectáculos da escena galega nas vindeiras semanas. A cita convértese así nun anticipo outonal da temporada teatral con algunhas das m...

O ovo e a galiña de santo Estevo do Ermo

A nova intervención nunha antiga capela de Barreiros apunta á antiga e complexa orixe deste espazo mítico da Mariña

  • En santo Estevo do Ermo existiu unha capela e un camposanto, hoxe ocultos baixo capas de terra. Tamén dúas fontes santas e unha espectacular fervenza do río de santo Estevo. Ante a oportunidade de adquirir os terreos nos que a memoria popular reve...

A cultura do cónsul

Unha xornada no CCG explora as posibilidades da diplomacia cultural en Galicia e reivindica as achegas do pasado

  • "Sempre me chamaron a atención a cantidade de libros sobre Paraguai que hai nas bibliotecas de Vigo ou sobre Uruguai nas da Coruña", explicou Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na USC, durante a xornada Diplomacia e cultura. "Débese a...

As axudas para traducir obras ao galego reparten 83.000 euros entre 64 títulos

Rinoceronte Editora é a firma máis beneficiada, con 27.383 euros

  • O Diario Oficial de Galicia deste 18 de setembro publicaba a resolución das axudas dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. En total a orde distribuíu 83.902 euros dos 150.000 orzamentados para esta...

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega

  • A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados n...

Un roteiro celebra a dedicatoria dunha rúa aos Diplomáticos de Monte Alto

A AC Alexandre Bóveda organiza a iniciativa este venres 19 na Coruña

  • O pasado 11 de xullo o Concello da Coruña aprobaba dedicarlle unha rúa ao conxunto musical Os Diplomáticos de Monte Alto. A conmemorar esta iniciativa, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda celebra ás 19 horas deste 19 de setembro o roteiro To...

A Xunta recibe a doazón de 32 cartas inéditas de Curros Enríquez

O legado recolle misivas que o poeta enviou a José Ojea nos últimos anos da súa vida

  • A Cidade da Cultura acollía este xoves 18 de setembro a sinatura da doazón á Xunta de 32 cartas inéditas de Manuel Curros Enríquez. O legado, que inclúe ademais fragmentos doutras misivas incompletas, foi cedido por Emilia García Paadín e cor...

O festival Intersección será punto de encontro de estudantes e profesionais do cinema contemporáneo

A oitava edición ofrecerá sete estreas mundiais entre máis de 100 películas de 17 países

  • O festival Internacional Intersección da Coruña celebrará a súa oitava edición do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países. Desenvolverase en espazos clave da cidade como Cantones Cines, ...

O Ministerio de Cultura protexerá o patrimonio cultural inmaterial vinculado aos hórreos

O BOE recolle a declaración destas expresións como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial

  • O Boletín Oficial do Estado deste 15 de setembro recollía a incoación do expediente para recoñecer como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial "Os hórreos do norte da Península Ibérica como vehículos e expresión simb...

Sada abrirá a casa-museo do pintor Fernández Rivas

Permitirá acceder a unha exposición permanente con robras que reflicten a súa traxectoria

  • Cando fan case nove anos desde a morte na Coruña do pintor Eduardo Fernández Rivas (1948 -2016), a súa casa natal en Fiunchedo (Sada) está a piques de abrirse ao público como casa-museo dedicada á vida e obra do artista. Segundo explica hoxe o ...

O Museo de Pontevedra contará cun almacén robotizado en Barro

O proxecto substitúe a anterior proposta de empregar o convento de Santa Clara como depósito de restos arqueolóxicos

  • Unha nave industrial robotizada no polígono industrial de Barro-Meis acollerá o almacén de fondos do Museo de Pontevedra. A Deputación Provincial anunciaba este 15 de setembro que xa reservou unha parcela de 2.300 metros cadrados para este proxec...

As mámoas do campus de Vigo revelan a súa arquitectura

A Universidade confía en continuar os traballos na necrópole en vindeiras campañas

  • A Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura colaboraron para a intervención arqueolóxica na necrópole megalítica das Xunqueiras, localizado no campus da Universidade de Vigo. Trátase dun conxunto de cando menos catro mámoas construídas ...

Pontevedra acolle o encontro Poshumanismos interdisciplinares na arte e a ciencia

A Universidade de Vigo acolle este seminario que reflexiona encol dos "novos desafíos na intersección entre arte, ciencia e tecnoloxía"

  • Da man do grupo de investigación dx5, a Universidade de Vigo celebra os vindeiros 17 e 18 de setembro en Pontevedra o encontro Poshumanismos interdisciplinares na arte e a ciencia . Esta iniciativa, nada da investigación posdoutoral de Antía Igles...

'Carmucha VST' achega a percusión tradicional á produción musical

A primeira ferramenta dixital con 'samples' de percusión xa está en descarga gratuíta

  • Lévase falando moito desde o mes de agosto da inminente saída de 'Carmucha VST', a ferramenta dixital para produción musical que ofrece as bases de percusión tradicional galega. Agora xa está en liña para descarga e pode comezar a usarse de xei...

Unha aldea na que o mundo continuou

As escavacións na aldea mindoniense de Combarro amosan como a caída do Imperio romano non colapsou as prácticas da sociedade galaicorromana

  • A última campaña na aldea de Combarro (San Vicente de Tigrás, Mondoñedo) permitiu comprobar que neste poboado arrasado por un incendio a inicios do século VI as sociedades posteriores ao Imperio romano mantiveron as tecnoloxías do pasado e come...