O BoletÃn Oficial do Estado deste 15 de setembro recollÃa a incoación do expediente para recoñecer como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial "Os hórreos do norte da PenÃnsula Ibérica como vehÃculos e expresión simbólica de identidades e sentimentos de pertenza". A proposta implica a inscrición preventiva desta declaración no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural Inmaterial do Estado.
O texto céntrase nos aspectos inmateriais dos hórreos no canto de na súa vertente material. Deste xeito, establece que estas construcións "alén da súa materialidade, actúan como depositarios e transmisores de significados culturais e sentimentos de pertenza", que fan deles auténticos sÃmbolos culturais para comunidades como Galicia e Asturias. A proposta, que afecta a estes territorios canda a León, Cantabria, Navarra e o PaÃs Vasco, apunta que a nivel tradicional os cabaceiros implican "coñecementos e técnicas construtivas de transmisión oral, usos comunitarios, regulacións consuetudinarias, referencias na tradición oral, asà como en celebracións e prácticas culturais que os incorporan como elemento identitario".
O expediente salienta que este patrimonio cumpre os ámbitos de patrimonio inmaterial definidos pola convención da UNESCO a este respecto, ao considerar que "o hórreo é centro e pretexto de reunións, celebracións e expresións comunitarias". Implica ademais "coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo", xa que "a súa orientación, ubicación e técnicas construtivas reflicten un saber acumulado transmitido interxeracionalmente", ademais dos oficios e técnicas para a súa construción e mantemento, que se consideran patrimonio vivo.
A declaración dá conta da adaptación a nivel material e de usos que de xeito histórico viviron e viven estes espazos, orixinalmente dedicados ao almacenamento e que na actualidade chegan a ser mesmo aloxamentos turÃsticos. Salienta tamén a crecente demanda por construÃr novas estruturas deste tipo, en ocasións a escala, e por recuperar moitas das existentes, o que fai do conxunto un patrimonio vivo.
A incidir no seu carácter como icona identitaria, o texto do BOE apunta os múltiplos soportes en que se ten reproducido a imaxe dos cabaceiros, asà como da "práctica de instalar hórreos -históricos ou de nova planta- nos centros ou casas de Asturias e Galicia no exterior", que "responde a esa necesidade de seguir formando parte da comunidade, mesmo non estando fisicamente nela".