O Diario Oficial de Galicia deste 21 de marzo recolle a inscrición no Censo do Patrimonio Cultural das alfombras florais de Galicia como manifestación do patrimonio cultural inmaterial. O texto da declaración establece que "as alfombras florais en Galicia proceden dunha tradición ancestral que se mantén viva na actualidade, adaptándose aos novos tempos, co fin de festexar comunitariamente celebracións relixiosas ou laicas que forman parte do patrimonio cultural de Galicia". Con esta medida, a práctica pasa a ser unha das prácticas consideradas "relevantes ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego ao longo da historia".
Ademais deste recoñecemento como manifestación de interese etnolóxico, a resolución do DOG lembra tamén que se está a tramitar o recoñecemento como ben de interese cultural para esta tradición na vila de Ponteareas, que conta xa coa declaración como festa de interese turÃstico internacional. Canda a esta, son festas de interese turÃstico galego a Festa das Alfombras Florais do Corpus Christi de Ares e a Festa das Alfombras Florais de Bueu.
A declaración recolle os diferentes pasos de elaboración destas pezas, desde a preparación do material vexetal empregado ata a súa colocación a seguir un esquema marcado no chan. AÃnda que vencellada maioritariamente á festa do Corpus Christi, esta manifestación vencéllase tamén a celebracións de Semana Santa en diferentes localidades.
O texto cita o traballo da antropóloga Ana Isabel Filgueiras para sinalar que "en Galicia son numerosos os lugares que continúan perpetuando a antiga tradición da elaboración de alfombras florais por ser un costume moi arraigado, exemplo de cohesión comunitaria e de identidade colectiva" e cifra en máis dun cento as localidades que manteñen este costume.
A citar vilas e cidades que "gozan dunha tradición secular de vÃnculo e compromiso" coa celebración do Corpus sinala "Ourense, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Lugo, A Coruña, e vilas como Betanzos, Redondela, Ponteareas, Baiona, Bueu, Allariz, Ribadavia, VerÃn, Celanova, Noia, Muros, Padrón, Viveiro, Mondoñedo, Monforte, Chantada, Cambados, Rianxo, Corcubión, A Pobra do Caramiñal" ou A Guarda, entre outras. A declaración contextualiza esta celebración no uso de flores en diferentes festividades con carácter relixioso como romarÃas fluviais, procesións marÃtimas ou decoración de templos ou cruceiros.
Como comunidade portadora deste ben inmaterial sinálanse, de xeito xeral, aquelas persoas "que posúen saberes, coñecementos, métodos e técnicas relacionados coa realización de alfombras florais". A declaración recolle tamén a función social desta práctica a apuntar que "vencella as diferentes persoas aos seus lugares de orixe, aqueles nos que viven ou aqueles onde teñen as súas raÃces e volven para participar" neste rito. Ademais, salienta que a elaboración de alfombras "engloba un conxunto de actos desenvolvidos ao seu redor que acreditan unhas funcións sociais moi destacables, como a de lograr a integración das persoas participantes nunha empresa común e comunitaria da veciñanza do lugar".