O Diario Oficial de Galicia deste 24 de outubro recolle a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial o xogo dos birlos. Segundo apunta a publicación, este deporte pode considerarse unha "unha manifestación inmaterial sobranceira da Comunidade Autónoma de Galicia" que merece a máxima protección legal para elementos culturais.
A definir esta práctica, o DOG apunta que "presenta unha variada gama de modalidades, consiste en lanzar ou facer rodar unha bóla contra unha serie de birlos co obxectivo de derrubalos e desprazalos o máis lonxe posible, conxugando a plasticidade no tiro coa dinámica do exercicio e coas calidades fÃsicas de forza, potencia e coordinación".
Establece ademais que as medidas das bolas empregadas "oscila entre os 13 e 14,5 centÃmetros e o seu peso está entre os 1,5 e 2 quilogramos", mentres os birlos "de madeira de buxo, teñen de 15 a 16 centÃmetros de alto e pesan entre 150 e 200 gramos". Dentro dos elementos materiais deste deporte define tamén as caracterÃsticas do campo de xogo e outros complementarios como as redes que permiten recuperar as pezas con facilidade e o caldeiro con auga para lavar as bolas.
O expediente dá conta das variedades comarcais do xogo, nas que muda o número de birlos, a súa colocación, o sistema de puntuación ou mesmo o nome do entretemento. Ademais, destaca a transmisión deste deporte deste o ámbito rural no que naceu a áreas urbanas, onde moitos bares acolleron novos campos para a súa práctica, e mesmo a nivel internacional a través das comunidades de emigrantes.
A declaración salienta que "os xogos dos birlos, como práctica tradicional, foron transmitidos de xeración en xeración oralmente e pola práctica mesma do xogo. Dado que a regulación dos birlos era coñecida polo xeral da poboación, non se percibiu a necesidade de fixar as normas por escrito; asà como tampouco foi recollido polos medios de comunicación locais nin, agás excepcións, foi plasmado en obras doutro tipo".
Este deporte cualifÃcase como "unha das principais formas de ocio no pasado, polo xeral, entre as persoas da mesma comunidade ou máis ou menos próximas". No entanto, alerta que "o proceso de custodia e a transmisión atópase na actualidade nun punto crÃtico, pois a práctica do xogo e as persoas que gardan o saber están diminuÃndo, co risco conseguinte de se perderen as formas propias de cada zona".
Ante esta situación, salienta "a importancia da introdución do xogo de birlos nas etapas educativas de Educación Primaria, as modalidades locais e as federadas, para manteren vivos os saberes e as prácticas, transmitindo o seu coñecemento aos máis novos e asegurándolles a pervivencia a estas prácticas idiosincráticas".
A incoación do expediente outórgalle de xeito inmediato esta práctica a máxima protección legal. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dispón dun prazo de 24 meses para completar a declaración definitiva.