A Xunta declara BIC o baile tradicional galego

O expediente foi publicado hoxe no DOG

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellería de Cultura publicou hoxe no Diario Oficial o expediente de incoación do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedendo a rexistralo no Rexistro de Bens Culturais de Galicia e comunicación ao Inventario Xeral do Patrimonio Cultural Inmaterial do Estado. Na declaración descríbese o baile tradicional galego como "a arte da expresión corporal en sociedade creada polo pobo galego que identifica a súa singularidade respecto dun fenómeno universal nas diferentes comunidades en todo o mundo".

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Consellería de Cultura