A provincia da Coruña ofrece un amplo programa de visitas nas Xornadas Europeas do Patrimonio

A inscrición aínda está aberta no web da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cartel das Xornadas

Cartel das Xornadas

A Deputación da Coruña celebra a segunda edición das Xornadas europeas do Patrimonio cun completo programa de visitas guiadas gratuítas e un obradoiro de astrofotografía. As visitas recollen espazos singulares como xoias industriais, xacementos romanos, monumentos naturais e fortalezas medievais. En concreto, o venres 3 de outubro percorrerase o Barbanza industrial, na Central Hidroeléctrica do Tambre (Noia), as Conservas Cerqueira (Ribeira) e o pasado de espionaxe e contrabando (Minas de Wolframio de san Finx (Lousame). O sábado 4 de outubro é a quenda da Costa da Morte, con visitas ao Faro do Cabo Vilán (Camariñas), a Baleeira de Caneliñas (Cee) e o xacemento romano de Brandomil (Zas). O domingo 5 de outubro tocará o "interior medieval e tradicional", co Batán de Mezonzo (Vilasantar), o castelo de Mesía (Mesía) e a igrexa románica de santo Antoniño de Toques. As prazas son limitadas e a inscrición aínda está aberta no web da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Morte, Castelo, Lousame...