Cee reivindica o legado da baleeira de Caneliñas

Unhas xornadas conmemoran o centenario desta industria pesqueira

20/9/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
41 lecturas | Compartido 0 veces

Inauguración oficial da factoría de Caneliñas, 14 de novembro do 1924 – Fonte: Arquivo de Álex Aguilar / Documental 'Caneliñas. A costa das baleas'

No lugar de Caneliñas (Cee) aínda existen as ruínas dun gran complexo baleeiro de Caneliñas, considerado pola Deputación da Coruña como "a maior baleeira da península ibérica e a derradeira en pechar en Europa, en 1985". Onte, o concello de Cee presentou a programación que a partir de hoxe ofrecerá diferentes actividades á veciñanza sobre a historia da factoría. Deste xeito instaláronse paneis informativos e unha exposición fotográfica coa historia da baleeira, un gran mural dedicado ás baleas de Caneliñas e un ciclo de conferencias a cargo de expertos como Francisco José Rodríguez, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, Felipe Valdés, doutor en historia e autor do libro "Los balleneros en Galicia" ou Álex Aguilar, catedrático de bioloxía da Universidade de Barcelona, entre outros. A iniciativa está promovida polo concello de Cee coa colaboración da Deputación da Coruña. As xornalistas Paula Castiñeira e María González xa produciran en 2021 o documental Caneliñas, a costa das baleas do que se pode visitar na rede unha versión interactiva coa historia da fábrica.


Do mesmo ámbito

05/04/2010

A herdanza das baleas

A pesca de cetáceos deixou escasos restos no patrimonio material e inmaterial do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cee, Deputación da Coruña, Documental, Europa...